InicioA CORUÑAO colectivo sanitario volve concentrarse no CHUAC para esixir medidas urxentes de...

O colectivo sanitario volve concentrarse no CHUAC para esixir medidas urxentes de seguridade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Comisión de Centro do CHUAC convoca manifestación, e posterior asemblea, para hoxe xoves 6 de febreiro de 2025 diante da porta de urxencias ás 12:00 h, esixindo medidas urxentes e inmediatas ante a situación de indefensión que sofren as/os traballadoras/es do Complexo.

A pesar das promesas da xerencia da Área Sanitaria de que reforzará a seguridade, @s sanitari@s aseguran “seguir descoñecendo os protocolos específicos de actuación e seguridade fronte a doentes potencialmente agresivos pese a ser solicitados polas/os delegadas/os de prevención de riscos en reunión extraordinaria do Comité de Seguridade e Saúde no día de onte”.

Critican que onte a Xerencia presentou un “protocolo de actuación en urxencias psiquiátricas” do 2012, do que o persoal non tiña coñecemento, como quedou de manifesto no comité de seguridade e saúde.

Deste xeito, a Comisión esixe aplicación de medidas sen máis demora ante a situación de desprotección na que se atopa o persoal do Complexo para minimizar os riscos ás que están sometidos, tales coma:

  • Implantación inmediata dos protocolos de actuación e seguridade para todas/os as/os profesionais.
  • Circuítos de atención definidos,
  • Incremento das presencias e equipos de seguridade, E
  • Espazos adecuados de atención ás/ós doentes de perfil agresivo en urxencias,
  • Incremento da capacidade da unidade de agudos,
  • Profesionais especialistas suficientes para dar cobertura as necesidades da poboación da Coruña…

 

Máis novas

O persoal sanitario concéntrase no CHUAC en apoio aos dous agredidos e esixindo máis seguridade

O CHUAC reforzará o persoal de seguridade en Urxencias tras a agresión a un enfermeiro e un vixiante

Un paciente agride cunha arma branca a un enfermeiro e un garda de seguridade no complexo hospitalario da Coruña

ÚLTIMAS

“Moito beneficio, o noso sacrificio”, decenas de traballadores do sector financeiro protestan para reclamar mellores condicións laborais

A Federación de Servizos de Comisións Obreiras (CC.OO.) mobilizouse este xoves na Coruña para...

A Xustiza filipina aprecia probas contra os policías acusados de Diego bello e rexeita arquivar o caso

Xustiza filipina rexeitou arquivar o caso pola morte do coruñés Diego Bello, ocorrida o...

A AMEGA achegou a realidade dos Medios en Galego ao alumnado de Ciencias da Comunicación da UD

Interesante xornada de reflexión sobre o panorama actual dos medios de comunicación acollía esta...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here