InicioBARRIOSDenuncian unha marea de pingueiras que asolagan o Hospital Marítimo de Oza...

Denuncian unha marea de pingueiras que asolagan o Hospital Marítimo de Oza “dende hai anos”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Persoal do Hospital Marítimo de Oza, dependente do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), denuncia os problemas de filtracións que presenta o edificio dende hai anos e que provoca a presenza constante de goteiras durante os meses de chuvias.

Segundo explican os profesionais, “o problema afecta á estrutura anexa ao edificio principal, na que se sitúa a área de rehabilitación e fisioterapia. Este inmoble ten un tellado plano, a xeito de azotea, onde durante o inverno, entre novembro e marzo ou abril, se acumula a auga da chuvia, formando unha auténtica piscina. Esta auga posteriormente fíltrase a través da estrutura de formigón, que presenta problemas de illamento e de impermeabilización”.

A auga cae en forma de goteiras dentro das áreas de traballo de fisioterapia, nas zonas de consulta e xestión, as zonas de tránsito dos pacientes e a sala de espera. As acumulacións de auga no teito mesmo produciron o desprendemento dun panel interior do teito da sala de espera, que caeu ao chan sen producir danos persoais, grazas a que a área en risco estaba previamente sinalizada.

Filtracions Hospital Marítimo de Oza 2
Ata caeu un doble teito

Estes problemas afectan sobre todo ás consultas de fisioterapia e á área de tratamento, que durante os meses de inverno están cubertas de sabas, empapadores e cubos de auga, coas consecuentes incomodidades para persoal e pacientes. En ocasións, as consultas e tratamentos deben desprazarse a outras localizacións e, de igual xeito, doentes e traballadores deben evitar os cubos colocados no chan para recoller a auga das pingueiras.

“Non é agradable traballar desta maneira e tampouco resulta cómodo para os pacientes, que por exemplo deben esquivar os cubos colocados para recoller a auga que se filtra”, explican os facultativos. “É unicamente grazas ao esforzo do persoal e á nosa boa fe que estas eivas non teñen maiores consecuencias, porque non nos importa ir movéndonos a outras localizacións, pois doutro xeito os pacientes quedarían sen atención”.

“O persoal que sufrimos esta situación estamos cansos, estamos fartos”, sentenzan. “Cada vez que protestamos veñen arranxar o teito, pero son só parches. Esiximos da Xerencia da Área Sanitaria unha solución permanente ao problema que sufrimos”.

Responsabilidades

A situación leva anos sendo advertida ante Veolia, empresa á que está subcontratada o mantemento das instalacións. Porén, o único que os traballadores de Veolia poden facer son actuacións puntuais para limitar os efectos das pingueiras.

Hai dous anos tamén comunicamos a situación ante a Xerencia do Hospital, que de inmediato enviou un servizo de mantemento que se encargou de lixar e pintar e quitar os cubos. Pero este tipo de actuacións son, unicamente, parches que non solucionan o problema.

ÚLTIMAS

Canto inflúen as Vivendas de Uso Turístico na subida de prezos do alugueiro?

Un dos estudios que máis se preocupa polo devir socio-urbanístico da cidade e que...

O pleno acorda adiar a modificación do PXOM sobre o Parque da Agra e promover un proceso participativo veciñal

Novo pleno celebrado esta mañá no Pazo de María Pita. A alcaldesa, Inés Rey,...

Coruña Marítima dá un paso clave: xa hai cinco finalistas para deseñar o futuro do porto e da cidade

O proceso de licitación do Máster Plan de Coruña Marítima avanza cara á transformación...

A Deputación da Coruña convoca a V Gala da Cultura para o vindeiro 16 de abril

A Deputación da Coruña presentou este xoves no Teatro Colón a V Gala da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here