InicioA CORUÑA"O Xerente da Área Sanitaria non sabe falar c@s traballador@s"

“O Xerente da Área Sanitaria non sabe falar c@s traballador@s”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Aínda soan os ecos da manifestación realizada este pasado xoves 6 de febreiro no CHUAC, en apoio ao enfermeiro e garda agredidos o pasado luns, e para esixir medidas de seguridade para todas/os as/os profesionais.

Durante a concentración, segundo denuncia a Comisión de Centro do CHUAC, “o Xerente non saíu a falar cos/as traballadores/as pese a ser requirido”.

Como xa contamos o outro día, a situación agrávase ao comprobar que Luís Verde contaba cun dispositivo especial das forzas da orde pública (UIP) así coma reforzo de 3 gardas de seguridade para impedir o acceso ó seu despacho.

“O dispositivo”, mesmo con antidisturbios, “foi desproporcionado e non respondía ó transcorrer desta manifestación, as/os profesionais foron extremadamente respectuosas/os, so querían explicacións e solucións do máximo responsable da área sanitaria”, explican dende a Comisión.

De feito, durante a manifestación cando as traballadoras estaban concentradas diante do edificio da Xerencia, “un integrante das forzas da orde emprendeu un carga que acabou nunha lesión a unha compañeira que requiriu atención urxente”.

A Comisión de Centro condena todo acto de violencia, e lembra que “a responsabilidade da Xerencia é garantir a seguridade en toda a área sanitaria para evitar que doentes e profesionais sufran agresións”.

“Por un entorno seguro no traballo”, reivindican os profesionais

Máis novas

O colectivo sanitario sae á rúa para esixir “un traballo seguro”

Un paciente agride cunha arma branca a un enfermeiro e un garda de seguridade no complexo hospitalario da Coruña

ÚLTIMAS

Os médicos dos hospitais cesan a súa actividade voluntaria ante a negativa da Xunta a negociar o fin da folga

Convocaba a Xunta ao sindicato O'Mega a semana pasdada, pero botouse atrás e a...

O PP pregunta polos avances da Comisión do Mundial 2030, pactados para febreiro, ante a nova visita da FIFA

Xa pasou máis dun mes dende a constitución da Comisión Especial sobre o Mundial...

O TSXG confirma 9 anos de cárcere por violar a unha muller ebria na Coruña: “Calquera home coñece os efectos do alcol”

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena a 9 anos...

O Concello activa o Consello Local de Igualdade e abre unha nova etapa de participación

O Concello da Coruña realizou este luns a sesión constitutiva do Consello Local de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here