InicioCULTURAAMEGA presenta unha guía didáctica sobre a historia dos medios en galego,

AMEGA presenta unha guía didáctica sobre a historia dos medios en galego,

Publicada o

Por editor

Despois do éxito do festival polo Día dos Medios en Galego celebrada no Playa Club, a Asociación de Medios en Galego (AMEGA), no marco do XI aniversario do Día dos Medios en Galego (o 7 de febreiro coincide coa saída da primeira publicación monolingüe en galego O Tío Marcos d’A Portela, editado por Valentín Lamas Carvajal no ano 1876) vén de presentar a guía didáctica Coñecendo a historia dos medios en galego.

Trátase dunn recurso educativo que busca achegar ao alumnado do ensino secundario a realidade do xornalismo na nosa lingua.

A guía, elaborada por Mazarelos SCG, Miguel Rodríguez e Brais Ferreiro, e enmarcada dentro do décimoprimeiro aniversario de AMEGA, estrutúrase en diversas propostas didácticas que combinan o coñecemento histórico cos desafíos actuais da comunicación en galego. A súa metodoloxía fomenta o pensamento crítico do alumnado e promove o uso dos medios en galego como ferramenta transversal na educación.

O material será traballado en centros de diferentes localidades, como o IES Punta Candieira (Cedeira), o IES de Cacheiras (Teo) e o CPI Virxe da Cela (Monfero), permitindo que o alumnado coñeza desde a historia dos primeiros xornais en galego ata a situación actual da prensa, radio, televisión e medios dixitais.

A publicación, realizada coa colaboración da Deputación da Coruña, será impartida en diversos centros educativos da provincia e xa pode ser descargada en www.mediosengalego.gal/guiadidactica.

Guia Didactica Medios en Galegp
Imaxe dunha parte da guía

Máis novas

AMEGA, Leria e A Banda da Loba levaron o galego ao Playa Club

ÚLTIMAS

Da rolda peonil ao Día sen Coches. Así remata a Semana Europea da Mobilidade

Remata hoxe martes 22 a Semana Europea da Mobilidade. Faino estatarde coa celebración do...

O Joker de ‘A Primitiva’ deixa un millón de euros en Cambre (A Coruña)

O dono dun boleto de 'A Primitiva' validado en Cambre, percibirá un millón de...

Aitor Neira defende “a colaboración entre os espazos progresistas da cidade” na súa presentación como candidato de Podemos Coruña

O pasado venres Sumar Coruña anunciaba que Trinidad Palacios era a súa proposta para...

Gastronomía e banda deseñada para que se coñeza o “Sabor Coruño”

Representantes da Asociación Coruña Cociña presentaron este luns, na Fundación Luis Seoane, un cómic,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here