InicioECONOMÍAAs axudas aos mariscadores do Burgo volven toparse coas disputas partidistas entre...

As axudas aos mariscadores do Burgo volven toparse coas disputas partidistas entre Xunta e Goberno Central

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Non deixan de saír semanalmente á rúa para esixir ao Goberno central e á Xunta axudas mentres non poidan faenar tras as obras de dragado. Tras poñer a semente o pasado verán, as 70 familias que dependen do berberecho plantado, non teñen sustento ata que poidan faenar (tarda en medrar entre 18 e 24 meses), e levan pedindo que as dúas administracións se poñan dacordo para manter as axudas.

Pero unha e outra vez, dende mediados do 2024, as dúas administracións levan botándose a culpa a unha a outra, botando “balóns fóra”. Esa foi precisamente a expresión que utilizou hoxe na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo, Raúl Santamaría, do Grupo Parlamentario Popular, a unha pregunta levada polo PSOE e apoiada polo BNG para aprobar unha convocatoria urxente de axudas para compensar a paralización da actividade como consecuencia da baixa produtividade.

Santamaría botou toda a responsabilidade sobre o Goberno Central, acusándoo mesmo de “insensibilidade” para coas 70 familias afectadas e de “eludir os seus compromisos como promotor destas obras tratando de xeito irresponsable e utilizando ás persoas mariscadoras como dano colateral” para que sexa a Administración autonómica quen asuma as consecuencias duns traballos que “executaron outros”.
Asegurou que a Xunta enviou unha carta o pasado 27 de xaneiro ao secretario de Estado de Medio Ambiente instando a corrixir as deficiencias da obra e ao abono das axudas ao sector marisqueiro afectado. A Consellería do Mar valora a proposición do Estado, ofrecendo asumir a metade das axudas, como un intento de “botar balóns fóra para non asumir as súas obrigas como único promotor das obras de dragaxe desta zona produtiva”.

Pola súa parte, o deputado do PSdeG Julio Abalde lamentou que o PP rexeitase a convocatoria inmediata dunhas axudas que servirían para paliar moito os problemas económicos do sector, e alertou de que, unha vez que están dispoñibles os datos de 2024, compróbase que o descenso da produción é “dramático”, en especial, no caso de especies coma o berberecho, cunha caída do 93 %. Abalde advertiu de que o deterioro dos bancos “se incrementa ano a ano”, co que se perden “toneladas de bivalvo e millóns de euros de facturación”. En concreto, no 2024 esta caeu á metade que no anterior quinquenio, segundo precisou. É unha realidade que a Consellería do Mar “xa non nega”. Pola contra, “recoñece, por fin, que o cambio climático, as condicións ambientais e a contaminación están afectando”. Porén, “busca culpables noutras administracións”, cando se nega a regular o baleirado dos encoros e non realiza ningunha avaliación dos resultados das medidas que implanta./p>

Abaldade cualificou ademais de “insuficientes” as axudas á rexeneración que a Xunta publicou en decembro, xa que financian un máximo de 15.000 euros por proxecto. Outro tanto pasa coas de restauración da biodiversidade, cun total de 1,1 millóns en xullo e 1,9 en decembro para toda Galicia, cantidades que “non resolven o problema actual”.

Máis novas

Mariscadores do Burgo volven pedir a Xunta e Goberno axudas mentres non poidan faenar: “Que non nos deixen tirados”

Mariscadores do Burgo urxen axudas a Goberno central e Xunta: “Están a asfixiarnos economicamente”

ÚLTIMAS

Furor na Coruña pola eclipse: os hoteis están cheos cinco meses antes

A eclipse total de sol que poderá verse desde Galicia o próximo 12 de...

Amplíase o servizo de atención aos cidadáns 010 a todos os días da semana

O Concello da Coruña ampliou o servizo 010 de atención aos cidadáns a todos...

Arrinca en Arteixo a tempada do Campionato Xunta de Galicia de Autocross 2026

O sábado 21 de marzo darase o pistoletazo de saída á tempada do Campionato...

O Concello asegura que os cursos culturais do Programa de Lecer volverán en abril

Mantivo esta mañá o colectivo de docentes dos cursos Culturais do Programa de Lecer...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here