InicioECONOMÍAMariscadores do Burgo urxen axudas a Goberno central e Xunta: "Están a...

Mariscadores do Burgo urxen axudas a Goberno central e Xunta: “Están a asfixiarnos economicamente”

Publicada o

Por europapress

Mariscadores da ría do Burgo secundaron este luns unha nova protesta, nesta ocasión ante a delegación da Consellería do Mar, para esixir axudas ao Goberno central e Xunta ata que non poidan volver faenar polas obras de dragado na ría. En declaracións a Europa Press, o seu portavoz, Manuel Baldomir, demandou a ambas as administracións “unha solución” ante a falta de ingresos, segundo denuncian.

“Estannos axfisiando economicamente e psicoloxicamente, hai xente que vive de prestado”, afirma ao denunciar que non se concreta o pago de axudas e atrasos de entre sete e dez meses nos casos en que recibiron os abonos unha vez aprobadas as partidas. “Empezamos 2025 e non se nos deu unha solución”, asegurou para manifestar que tanto o Goberno central como a Xunta “recoñecen que hai que dala, pero non a hai”.

Neste contexto, solicitou a Goberno central e Xunta “que deixen de xogar” e de “buscar culpables”. “Aquí hai un problema real, non se pode mariscar, hai que facer unha avaliación dos bancos marisqueiros e iso xa se sabía”, sentenza para precisar que son ao redor dunhas 70 as familias afectadas.

ÚLTIMAS

As traballadoras das residencias privadas reclaman mellores condicións para poder dar unha atención de calidade

Nova mobilización polas rúas da Coruña (é raro día que non haia colectivo denunciando...

As traballadoras da Rede de Escolas Infantís Municipais sacan a careta a Borrego

Despois de meses esperando que o Concello cumprise as súas preguntas, as traballadoras da...

Comeza a actividade presencial na Axencia de Intelixencia Artificial na Coruña

A Agencia Española de Supervisión de Inteligencia Artificial (Aesia) celebrou este venres o seu...