InicioCULTURAIsabel Risco rescata a Nabiza Girl para os escenarios

Isabel Risco rescata a Nabiza Girl para os escenarios

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Ademais do salto ao comicá animación, Nabiza Girl volverá este domingo aos escenarios. A polifacética actriz herculina Isabel Risco volverá enfundarse neste 2025 na pel da súa personaxe Nabiza Girl, superheroína destemida que se verá na obriga de combater desde os escenarios o paulatino esmorecer da cultura galega.

Sada acollerá o vindeiro domingo 23 de febreiro a estrea de ‘As aventuras de Nabiza Girl. O estraño caso da Cultura Minguante’. A xira continuará no Centro Ágora da Coruña o 14 de marzo, en Barbadás o 28 de Marzo e en Muros o 5 de abril
Isabel Risco escribe o texto xunto ao guionista Carlos Ares e Fran Rei, director da obra, e comparte escena co intérprete Alberte Bello

O espectáculo “O estraño caso da Cultura Minguante” estrearase o domingo 23 de febreiro ás 19.00 h na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada. Este Concello acolleu a residencia artística durante a que se desenvolveron os ensaios deste espectáculo, produción conxunta entre Isabel Risco e a produtora La Yogurtera. A distribución corre a cargo de Culturactiva.

A xira continuará o 14 de marzo no Centro Ágora da Coruña, en Barbadás o 28 de Marzo e en Muros o 5 de abril. As entradas para Sada pódense adquirir xa na web do Concello de Sada.

O actor Alberte Bello, Isabel Risco e o director Fran Rei
O actor Alberte Bello, Isabel Risco e o director Fran Rei. Foto- Carlos Babío

Máis novas

Isabel Risco, premiada co Premio Rebulir

A superheroína herculina Nabiza Girl, dá o salto á animación para animar á mocidade a usar o galego

A superheroína herculina “Nabiza Girl” xa ten o seu cómic

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras sendos accidentes na A6 e na AP9

Produciuse onte un accidente no Concello de Oleiros. Un vehículo sufría unha saída de...

O descenso das temperaturas deixa avisos por ondada na Coruña esta fin de semana

O descenso das temperaturas chega con avisos por ondada na Coruña e por choivas...

Primeiras queixas pola tardanza na publicación do programa das Festas de María Pita e do Noroeste

"Improvisación e falta de compromiso co tecido veciñal". Así define e denuncia o Movemento...

Xa’lum desafía o prohibido e marida a tradición galega co seu francés de orixe

"L’interdit" é o novo sinxelo de Xa'lum. Despois de Beiriña, a artista herculino/francesa saca...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here