InicioA CORUÑAO Victoria C.F. pide desculpas ante a denuncia por acoso a unha...

O Victoria C.F. pide desculpas ante a denuncia por acoso a unha árbritra de 13 anos por parte dun integrante do equipo técnico

Publicada o

Por monchomarino

O club de fútbol Victoria C.F. emitiu esta tarde de martes 18 de febreiro un comunicado no que, entre outras cuestións, pide desculpas á menor árbitra de 13 anos cuxa nai denunciou en redes sociais “acoso” cara á súa filla, particularmente por parte do delegado deste equipo, nun partido de prebenxamín (de 6 e 7 anos).

Remarcan que o pasado 15 de febreiro foron “tristes protagonistas dun episodio” que afirman lamentar “profundamente”.

“Temos que recoñecer que o noso integrante do corpo técnico dese equipo prebenxamín, un home que tivo ata a data unha traxectoria intachable no club, non estivo á altura da situación”, admiten. Así, apuntan que “os e as responsables dos equipos de fútbol base han de tratar de transmitir a cordura necesaria que acougue e relaxe unha situación que se poida volver tensa durante un partido”.

“Nunha das súas primeiras experiencias como tal, á que pedimos nosas máis sinceras desculpas e trasladamos o noso apoio, unha valente que, ao día seguinte, volveu pitar precisamente a un dos nosos equipos, non deixándose amedrentar polo ocorrido o día anterior froito da calamitosa acción duns adultos que lle fixo sentirse superada e mesmo, intimidada”.

Reflexión común

“Cuestión aparte é a reflexión colectiva que debemos realizar acerca de que nun partido de nenos ou nenas chegue a tensionarse”. “Que mensaxe estamos a dar aos pequenos?, estamos a facelo ben? non, nunca debería darse esta situación”, incide para apelar a un “compromiso e colaboración” de todos os implicados neste fútbol base local que está perdendo, dende hai tempo, as formas que non perden familias e xente involucrada noutros deportes.

A posición do Silva

Tamén emitiu un comunicado o outro club implicado na lea. Incide en que a acta non recolle nada do acontecido (outra cousa que invita á reflexión, pois parece que sinala á falta de valentía, ou á aceptación do ocorrido á nova colexiada), pero apunta, nunha linguaxe case que xurídica, que empezou unha “investigación interna”. “Unha vez instruído o proceso, o instrutor proporá unha resolución motivada que se someterá á xunta directiva, que deberá aprobala ou corrixila para a súa execución. Neste momento, o proceso está no nomeamento dun instrutor e do lanzamento do citado ficheiro. Unha vez resolto isto, o club actuará con toda firmeza”, explica.

O Silva volve excusarse sinalando que non “existe ningún vídeo do sucedido” e critica non terse enteirado do sucecido polas “cauces oficiais”, como se os seus xogadores e adestradores non tiveran vivido o acontecido.

Para completar o comunicado, o club acaba fachendeando de ser “a estrutura deportiva máis grande con equipos de fútbol campo, fútbol sala e un dos tres únicos clubs da cidade da Coruña que ten toda a estrutura do fútbol feminino, con máis de 700 xogador@s e e 40 equipos federados”. Apenas fai autocrítica tomando.

 

REY ASEGURA QUE “SE DE MIN DEPENDESE NON VOLVÍAN ENTRAR” NO CAMPO

Pola súa banda, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, situou no “machismo estrutural” a situación vivida por unha árbitra de fútbol de 13 anos nun partido de fútbol no campo da Torre na cidade herculina. “Se de min dependese estas persoas non volvían entrar”, sentenciou para asegurar, a preguntas dos xornalistas, que actitudes así son “intolerables” e “máis nos deportivos”.

A rexedora mostrouse moi crítica con este tipo de actitudes e co “acoso a unha árbitra de 13 anos, á que provocaron un ataque de ansiedade e intimidárona”. “Non deberían estar nin de delegado de campo nin de adestrador nin de nada que teña que ver co deporte”, dixo para expor que se o árbitro fose un mozo sufriría o mesmo. Por outra banda, explicou que trasladou o seu apoio á familia e que tomarán as accións que consideren oportunas realizar, á vez que cualificou de “mornos” os comunicados emitidos polos clubes de fútbol, o Silva e a Vitoria, con cuxo delegado e a súa actuación foi moi crítica a familia da menor.

Máis novas

Unha nai denuncia en redes sociais o acoso á súa filla, árbitra de 13 anos, nun partido de prebenxamíns na Coruña

ÚLTIMAS

As/os traballadoras/es do CHUAC volveron manifestarse “Por un entorno seguro no traballo”

Nova mañá de mobilizacións a deste xoves 20 de febreiro no CHUAC. Un cento...

Marta Bobadilla (ACLAD): “Os centros de drogodepencias deberían estar integrados no SERGAS de forma real”

”A drogodependencia, como calquera outra enfermidade, non atende a estratos sociais”. ”Cocaína e...

‘A Paca’, choqueira do Antroido da Coruña do 2025

O ano pasado a protagonista foi Susa da Cabeza, e este ano a Choqueira...

Hoxe arrinca o festival Norte Cinema Diverso

Hoxe, xoves 20 de febreiro, arrinca no Teatro Colón o festival Norte Cinema Diverso....

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here