InicioCULTURAHoxe coñecerase a gañadora do premio Trini Falcés á mellor curta do Norte...

Hoxe coñecerase a gañadora do premio Trini Falcés á mellor curta do Norte Cinema Diverso

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Hoxe, o único festival LGTIQ+ de Galicia porá o broche a 3 días de proxeccións e reiinvicacións. Saberase ademais quen levará o zoco de Elena Ferro como gañadora do Premio Trini Falcés á mellor curtametraxe.

A derradeira xornada do festival coruñés Norte Cinema Diverso empezará coa habitual sesión de balde da matinal do sábado no Teatro Colón. A partir das 12:00 do mediodía, poderanse ver o resto de  traballos que optan ao Premio, entre elas Ese lugar partido (da directora coruñesa Inés Pastor, que  narra, a través de cartas, a historia de amizade de dúas persoas desde a súa infancia) e El que no se agache (do debutante director allaricense Agustín Segura, unha reflexión sobre as infancias cuir dun grupo de mozos e mozas).

Xurado NCD
Xurado do NCD

Completan a sesión as curtametraxes españolas Leo y Los siento e a mexicana En blanco y negro. Ademais, fóra de concurso, estrearase a curtametraxe Ela e eu, realizada por alumnos e alumnas do Centro Privado Concertado Plurilingüe Andaina da Coruña, baixo a supervisión de Domingo D. Docampo, director do obradoiro de introducción ao cine con móbil, organizado polo festival.

Ás 18:30hda tarde, con entrada tamén de balde, celebrarase unha charla con activistas como Federico Armenteros da Fundación 26D e cineastas convidados a esta terceira edición, entre eles os galegos Inés Pintor e Agustín Segura, o portugués João Pedro Rodrigues e os canarios David Velduque e Celeste González.

Ás 21:00 horas empezará a derradeira función de 2025, cunha gala presentada poladrag queen  Hornella Góngora. Entregarase o premio Trini Falcés á mellor curtametraxe, que se volverá proxectar, e botaremos o pano ao festival coa longametraxe española Alguien que cuide de mí, das directoras Daniela Fejerman e Elvira Lindo, que debuta detrás da cámara.

As entradas para a sesión nocturna custan tres euros e pódense retirar en ataquilla.com ou no despacho de billetes ás portas do teatro.

Hoxe arrinca o festival Norte Cinema Diverso

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here