InicioCULTURAA española "Transición" leva o premio Trini Falcés do Norte Cinema Diverso

A española “Transición” leva o premio Trini Falcés do Norte Cinema Diverso

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Botou o peche este sábado a terceira edición do festival Norte Cinema Diverso e fíxoo coa entrega do premio Trini Falcés á mellor das once curtametraxes e tres documentais presentados ao certame.

O xurado, formado por profesionais da industria cinematográfica, membros do colectivo LGTBIQ+, xornalistas e políticos, decidiu outorgar o premio á curtametraxe española Transición, do director madrileño David Velduque, “pola súa capacidade de achegar unha mensaxe clara e comprometida a través da ficción, polo excelente traballo da súa protagonista, polo seu virtuosismo técnico e pola súa implicación coa visibilidade das identidades trans”.
A curta reflexiona sobre o abandono das persoas trans na terceira idade. Está protagonizada pola canaria Celeste González, unha artista que debutou como actriz na compañía galega Matarile, coa que fixo dez espectáculos entre 2007 e 2023.
O gañador levou para Madrid o zoco da diversidade realizado por Elena Ferro, este ano pintado coas cores da bandeira non binaria.

Hoxe arrinca o festival Norte Cinema Diverso

 

Ademais, o xurado, presidido polo actor e director coruñés Miguel Canalejo, decidiu outorgar unha mención especial a outra curtametraxe española, Ese lugar partido, dirixida pola coruñesa Inés Pintor Sierra e o madrileño Pablo Santidrián. O xurado destaca “a súa defensa da memoria histórica do colectivo, o excelente traballo dos intérpretes, unha proposta narrativa única e ao servizo da trama apoiada por un traballo de montaxe e composición de banda sonora”.

Remata así, despois de 3 días de proxeccións e conversas arredor da diversidade, a terceira edición do o primeiro festival LGTBQ+ de Galicia, organizado pola asociación Palestra, a cinemateca Pedro Zerolo e o concello da Coruña, coa colaboración da Universidade da Coruña e a Academia Galega do Audiovisual, despediu

Máis novas do festival

O NCD Educa é “moi necesaria porque hai persoas que se ven oprimidas e necesitan que a súa realidade se normalice”

ÚLTIMAS

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here