InicioA CORUÑAActivada a alerta laranxa por temporal costeiro en toda Galicia

Activada a alerta laranxa por temporal costeiro en toda Galicia

Publicada o

Por europapress

Día de chuvia e mar este luns na Coruña. A Xunta activou a alerta laranxa en todo o litoral costeiro a esperarse ondas que poden alcanzar o 6 metros e suspende a actividade deportiva federada durante todo o día nos concellos afectados. A alerta prolongarase ata a noite.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) o fenómeno meteorolóxico adverso esta activo desde as primeiras horas desta xornada no noroeste e oeste da Coruña e estenderase ao suroeste da costa coruñesa, á Mariña Lucense e ao litroal potevedrés.

Así mesmo, segundo Meteogalicia, varias zonas da provincia da Coruña activarán o aviso amarelo por choivas localmente fortes.

Durante esta xornada unha fronte activa cruzará Galicia e deixará, ao comezo do día, ceos parcialmente cubertos e con choivas na provincia da Coruña. A partir do mediodía haberá precipitacións xeneralizadas en toda Galicia e serán localmente fortes na metade norte e oeste.

En canto ás temperaturas, as mínimas terán un pequeno ascenso e, pola contra, as máximas descenderán. O vento será forte de compoñente sur-suroeste no litoral e moderado no resto, cambiando a noroeste co paso da fronte.

Ante os fenómenos meteorolóxicos adversos o Executivo galego lembrou a importancia de manterse afastado da liña de costa e pide extremar as medidas de seguridade cando se realice calquera actividade no mar e que se revisen cabos e amarres das embarcacións.

Tamén incide na importancia de retirar obxectos que poidan caer á rúa desde os tellados, balcóns e xanelas e evitar pasar preto de edificios en ruínas ou en construción, de árbores, paneis publicitarios e de obxectos susceptibles de desprazarse co vento.

ÚLTIMAS

Tony Hadley levará os grandes éxitos dos oitenta á praza de María Pita

As Noites de María Pita despediranse este domingo, 16 de agosto, cun dos concertos...

O PSdeG reclama revisar o reparto da cota de sardiña

O secretario de Pesca do PSdeG provincial da Coruña, Walter Pardo, enviou unha carta...

A Batalla Naval lembrou a resistencia herculina ante o asedio ingles de 1589

Cheo ata a bandeira no paseo marítimo, e mesmo nas praias de Riazor, Orzán...

A Gaiteira rendeu homenaxe a Cañita Brava

Emotiva a homenaxe que as Festas da Gaiteira quixeron render este venres a Cañita...