InicioA CORUÑAOs traballadores de Nostián: “Estamos co salario conxelado de 2012, e só...

Os traballadores de Nostián: “Estamos co salario conxelado de 2012, e só se actualizarán cunha nova concesión”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Anunciaba o Concello da Coruña este luns que, despois de 5 anos co contrato prorrogado, que no segundo semestre do ano vai realizar a nova licitación da planta de Nostián. BNG e PP xa amosaron as súas opinións, pero o voceiro do Partido Popular, Miguel Lorenzo, vén de asegurar onte que presentará una moción para que non se firme o acordo e que mesmo vai convocar unha Comisión de Transparencia para clarexar todo o procedemento.

Mentres, a planta segue funcionando a pesar de que prórroga forzosa dos últimos anos leva caducada dende comezos de 2025, o que acentúa a situación duns traballadores (son 115 directos máis 15 de empresas auxiliares) que seguen traballando en precario, e sufrindo as consenciencias de traballar dunha planta obsoleta debida á falta de investimento por parte da empresa concesionaria ante a incerta situación contractual.

Así o lamenta Hadrián Canosa, do Comité de empresa da CIG da Planta de Nostián, que mira con bos ollos o anuncio, “en canto ao futuro da planta. Levámolo moito tempo pelexando, mesmo nos temos manifestado, para que saíra dunha vez o prego de condicións, porque a planta necesita unha renovación seria”. “Ademais, o Consorcio segue vinculado, o que garante unha serie de toneladas importante”, valora positivamente.

Con todo, non teñen claro que a cousa vaia ser inmimente. “A ver cantos atrancos se ven no camiño”, apuntando que despois de pasar pola Oficina Nacional de Evaluación (ONE), onde estarán 2-3 meses mínimo, despois pasará pola exposición pública, alegacións, licitación, contratación… Hai moitas variables que poden influír nos tempos”, sinala deixando claro que a cousa non vai ser rápida.

Estado da planta de Nostian
Estado da planta de Nostián

Situación actual dos traballadores

”Seguimos en en prórroga forzosa dende o ano 2020. É unha das causas polas que a instalacións están como están. A empresa non sabe se vai quedar e por iso non fai as inversións, e iso nos perxudica. Obríganos a estar sempre en Inspección de Traballo por incumprimeitos en materia de saúde e seguridade laboral”, sinala en relación á planta.

Pero máis grave aínda é a situación económica dos profesionais: “Estamos co salario conxelado de 2012, e só se actualizarán cunha nova concesión. Estamos nunha situación precaria, cobrando o mesmo que hai 13 anos co que subiu a vida, rozando o SMI”.

O modelo Nostián

Nostián foi creada a finais dos anos 90 despois do dramático derrumbamento do vertedeiro de Visma, que provocara malos cheiros durante anos en toda a cidade. Creouse cunha clara mensaxe medioambiental, apostando pola reciclaxe da materia orgánica, en contraposición do modelo de incineración da planta de SOGAMA, en Cerceda.

Segundo o Comité, o teórico novo acordo “reforzaría ese modelo, o do aproveitamento a materia orgánica”. De feito, avanza que a intención “é darlle un impulso para que o novo compost poida ser empregado e comercializado. Ese era o punto estrela do modelo de Nostián, que nunca se acabou de levar a cabo”, sinala Canosa, que espera que ”os novos pregos aposten pola reciclaxe, porque incinerar non é a solución, pero os vertedoiros, que é o que se fai actualmente, tampouco”.

 

Máis novas

Que opinan PP e BNG da condonación e licitación da xestión da planta de Nostián?

O Concello da Coruña licitará a xestión da planta de Nostián no segundo semestre do ano

ÚLTIMAS

Os irmáns Tallón Charlón xa teñen o seu “stolpersteine”

Nova conmemoración da nosa memoria histórica a realizada esta fin de semana na cidade,...

O home que matou á súa parella no Birloque pide a absolución porque “tiña as súas facultades mermadas”

A defensa do home condenado a 23 anos de cárcere por asasinar á súa...

Incendio de masa forestal en Cambre

Os bombeiros do parque provincial de Arteixo foron requiridos este domingo pola tarde por...

3.300 persoas vestiron de verde á Coruña noutra emocionante Andaina contra o Cancro

A Coruña volveu tinguirse de verde este domingo, 8 de xuño, grazas á participación...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here