InicioDEPORTESViaxes “Deportivo da Coruña”

Viaxes “Deportivo da Coruña”

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • Xornada 29 – Real Oviedo 1 – Deportivo 2
  • Sexta vitoria a domicilio dun Depor que alcanza a madurez.
  • Décimo sétimo encontro de Oscar Gilsanz como adestrador do Depor  (8V 5E 4D).

— — —

Está claro que este ano é mellor comprar billetes de autobús, reservar noite nun hotel, mercar entradas e organizar unha fin de semana con amigos ou familia para gozar dunha vitoria do equipo branquiazul. Estamos a falar da 6ª vitoria do equipo fóra de Riazor e nin máis nin menos que na casa dun Real Oviedo que chegaba como colíder da competición e que non coñecía a derrota no que ía de 2025. De feito, a última derrota na casa do Oviedo foi en decembro pasado contra o Córdoba. Se a isto lle sumamos que o Real Oviedo está na terna de equipos que loitarán o ascenso ate o final, o mérito do Depor sube algún punto máis.    

Mérito porque o Dépor suma 22 puntos coma visitante, tan só superado por Racing e Levante, sendo así o terceiro mellor equipo fóra do seu campo; mérito porque o Depor é o segundo equipo máis goleador a domicilio con 23 tantos só superado polos 26 goles do Almería; e mérito porque no que vai de segunda volta (8 encontros) o Depor sumou un 50% de vitorias e un 25% de empates e derrotas respectivamente.

De seguir a este ritmo de porcentaxes de vitorias e derrotas, o equipo sumaría 22 puntos máis nos 13 partidos que restan (6 vitorias, 4 empates e 3 derrotas) que cos 39 puntos actuais, ascenderían a 61 puntos ao final da tempada. A pesar do positivo deste números, non sería suficiente para alcanzar logros maiores cunha clasificación de metade de táboa. Por que?, porque nas 10 últimas tempadas tan só en dúas ocasións un equipo clasificouse para o playoff con 61 puntos. E xa sabemos como rematan as cousas cando o Depor afronta una estatística.

E pensando no que vén, pinta bonito o partido do venres contra o Córdoba, equipo que suma 4 vitorias nos últimos 5 encontros e que nesta fin de semana meteulle un 5-0 a un Granada que baixou o seu rendemento na segunda volta do campionato. Volve Riazor e a ver se nesta ocasión os puntos quedan na casa para ir achegándose ao obxectivo principal da tempada.

miguel barreiro

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

 

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR DE MIGUEL BARREIRO

ÚLTIMAS

(Vídeos) – Histórica manifestación na Coruña pola vivenda con máis de 30.000 persoas nas rúas

73 minutos. Ese foi o tempo que tardou en pasar toda a manifestación unitaria...

Os sindicatos valoran o seguemento e as manifestacións da Folga Xeral: “Está sendo un éxito”

Parece domingo este mércores 11 de novembro na Coruña. A Folga Xeral por unha...

A folga deixa numerosas tendas e bares pechados na Coruña: “Tres ou catro clientes contados e despois nada”

A folga xeral deste mércores, 11 de novembro, deixou unha imaxe desigual nas rúas...

A folga do 11N comeza cos piquetes informativos e importante seguemento nas quendas nocturnas

Así arrinca a xornada de folga neste 11N, con piquetes informativos nos puntos industriais...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here