InicioDEPORTESMoito castigo para tan poucos erros

Moito castigo para tan poucos erros

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • Xornada 6: Deportivo 0 – 2 Burgos CF
  • Comezo irregular dun Depor que lle está a costar adaptarse ao fútbol da Segunda División.
  • Sexto partido no que vai de tempada   (1V 1E 4D).

— — —

Está o Dépor a recibir tódolos paos xuntos neste comezo de tempada. A verdade é que é moi cedo para poñerse nervioso ou para querer botar ao adestrador, aínda que lle pregunten a Óscar Cano por esta paciencia a ver que opina. Máis aló de resultados e clasificacións, si hai algúns puntos que será mellor arranxar canto antes.

O Depor é un equipo en construción no que hai que xuntar dez novas pezas que chegaron no verán é que aínda téñense que adaptar as formas de traballo de Idiakez,  aos compañeiros, á cidade, ao idioma. Moito troco e moitas rutinas que gañar para comezar a pensar en maiores logros. A verdade é que o peche do mercado aflorou fichaxes de certo nivel para a 2ª División e que confirmaron con ese dato envelenado de terceira maior capacidade de gasto da competición por parte do Depor. Igual algún xa cre que non estar de líder agora mesmo marca o fracaso do que será esta tempada. Hai pezas e hai unha forma de traballar que xa deu resultado na tempada pasada, só ten que haber a paciencia do traballo e o acerto chegará.

Os encontros xogados ata o de agora entregan certa tranquilidade ás cabezas dos afeccionados, pois aínda que os números non son bos, as sensacións e o comportamento do equipo si acadaron o nivel esperado. As derrotas ante Oviedo, Huesca e Burgos foron marcadas por erros moi puntuais e os balances dos partidos amosaron moita maior creación de xogadas e ocasión co rival. Pero, coma isto vai de acertar, o Depor cometeu erros abraiantes en momentos claves dos encontros, case sen tempo para á reacción.

Hai unha cousa clara nesta competición que é a 2ª División: a igualdade é máxima entre os equipos e a regularidade é básica para manter opcións ao o que queiras lograr en cada momento. Na situación de adaptación na que está inmerso o Depor agora mesmo, tódolos puntos saben a gloria polo que non se pode regalar nada a ninguén. Esta competición e moi longa e resta moito por xogar, polo que todo o que vaias metendo no saco, benvido sexa.miguel barreiro

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

 

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR DE MIGUEL BARREIRO

ÚLTIMAS

A cuestión de confianza vinculada aos Orzamentos non sae adiante

Celebrouse esta mañá o pleno extraordinario no que a única moción era a Cuestión...

A ARMH instala 10 novos stolpersteine lembrando víctimas do fascismo

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), en colaboración co Concello, realizaron...

AMEGA presenta unha guía didáctica sobre a historia dos medios en galego,

Despois do éxito do festival polo Día dos Medios en Galego celebrada no Playa...

Entre Crebas: As persoas do CIS invitan á sociedade a limpar a Praia de Santo Amaro

Arrincou a nova edicion do Proxecto Entre Crebas este pasado 5 de febreiro. Esta...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here