InicioECONOMÍAA Xunta e a UDC crearán un grupo de traballo para emendar...

A Xunta e a UDC crearán un grupo de traballo para emendar a situación financeira da institución académica

Publicada o

Por europapress

A Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña (UDC) acordou a creación dun grupo de traballo para avanzar nunha proposta de medidas que permitan “emendar” a situación financeira na que se atopa a institución académica e elaborar un plan de equilibrio financeiro como paso previo ao orzamento de 2026. Así o acordaron nunha reunión en Santiago os conselleiros de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e de Facenda, Miguel Corgos, xunto ao reitor da UDC, Ricardo Cao, acompañado do seu equipo reitoral.

No encontro, informa a Xunta, abordouse “a necesidade de buscar unha solución á situación sobrevinda de desequilibrio contable na que actualmente se atopa a universidade e que se puxo de manifesto polo actual equipo de goberno coa liquidación do ano 2023“. Agora, un equipo de traballo formado por técnicos da Consellería de Facenda, a Secretaría Xeral de Universidades e da UDC “traballarán co obxectivo de emendar a situación herdada”. “A partir de aí, deseñarase un plan plurianual no que se fixe a senda de reequilibrio financeiro encamiñado a canalizar a senda orzamentaria e, desta maneira, garantir a estabilidade económica da UDC”, engade.

ÚLTIMAS

500.000€ para a Vía Ártabra nos Orzamentos da Xunta 2027: “Non dá nin para reactivar o proxecto”

A historia da Vía Ártabra é para facer un libro. Dende 2001 se proxecta...

Inés Rey ve unha “desfachatez absoluta” nos orzamentos da Xunta para A Coruña

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, cualificou de "desfachatez absoluta" as partidas...

A Coruña recupera ás “Cigarreiras” da man da Banda Municipal de Música da Coruña e Cántigas da Terra

Presentouse hoxe a xira galega de ‘As Cigarreiras’, o grande espectáculo musical e teatral promovido...