InicioDEPORTESOs domingos son días de ledicia

Os domingos son días de ledicia

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • Xornada 30 – Deportivo 1 – Córdoba 1
  • Nova xornada sen vitoria en Riazor, malia as boas ocasións xeradas.
  • Décimo oitavo encontro de Oscar Gilsanz como adestrador do Depor  (8V 6E 4D).

— — —

Moitas das cousas que ocorren na competición teñen explicación polo momento competitivo do equipo, polo número de lesionados ou sancionados que se dean nun momento concreto, pola racha goleadora dun ou doutro xogador, polo estado mental dos xogadores e corpo técnico ou polo simple feito de xogar nun dia ou noutro. Curioso o análise que se ven hoxe.

Aínda que resulte estraño, o comportamento deste Depor ten un patrón marcado que imos explicar da forma máis sinxela posible. Non é cousa nova o mellor comportamento do equipo coma visitante que coma local, pois os números falan sos (18 puntos de local por 22 puntos de visitante), pero é curioso coma se reparten os puntos segundo o día da competición.

Levamos 30 xornadas de tempada con 15 partidos de local por 15 partido de visitante, có resultado mencionado, pero é que a este Depor compite mal os sábados. Dos nove partidos xogados neste día, só gañou en dúas ocasións e, ademais, fixo de visitante, non sendo capaz de gañar ningún dos partidos xogados de local en sábado. Os sábados sumamos o 37% dos puntos en disputa. Primeira conclusión: se xogamos en sábado que sexa fóra.

O equipo mellora os resultados xogando en domingo, cun equilibrio máis balanceado con 5 vitorias nos 13 partidos xogados e, tan só, perdendo 4 partidos nestes 13 domingos. Tamén é verdade que gaña máis xogando de visitante os domingos, pero mellora o seu comportamento de local. Os domingos sumamos o 48% dos puntos en disputa. Segunda conclusión: se xogamos en domingo as probabilidade de gañar son máis altas e tamén mellor fóra da casa.

Para este Depor xogar entre semana dálle ben igual, pois nas tres ocasión que xogou en mércores a probabilidade de gañar, empatar e perder é a mesma (1 vitoria, 1 empate, 1 derrota). Os venres dánselle similar os sábados, pois nas catros ocasións que xogou comezando a fin de semana, só foi quen de gañar nunha ocasión. Os venres e mércores sumamos o 33% dos puntos en xogo. No que si somos bos é en xogar os luns, xa que levamos pleno, 1 de 1, vitoria no límite contra o Eibar. 100% de acerto.

Así que xa sabes afeccionado, poucas cousas vanche garantir unha vitoria do Depor, pero, polo menos, sabendo o que día xoga, poderás facerte unha idea do que che toca.

miguel barreiro

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

 

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR DE MIGUEL BARREIRO

ÚLTIMAS

O Museo de Belas Artes e as entidades da cidade convirten a arte en elemento de inclusión

Presentouse esta mañá de venres no Museo de Belas Artes a exposición colectiva realizada...

A Rolda Peonil dos Barrios avanza pola Sagrada Familia

A Rolda Peonil dos Barrios é un proxecto para cambiar a mobilidade da cidade,...

Mobilización do transporte de viaxeiros da Coruña con aviso dunha folga indefinida desde o 2 de febreiro

Traballadores de transportes de viaxeiros por estrada na provincia de Coruña realizaron unha nova...

A primeira poxa do Plan de Ruínas permítelle a 4 propietarios adquirir un edificio enteiro da Cidade Vella por 141.000€

141.321 euros acaban de pagar catro particulares representados por Jorge Vázquez Couto, para facerse...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here