InicioA CORUÑAAs historias das loitas das traballadoras da Coruña: “Non Calarás non é...

As historias das loitas das traballadoras da Coruña: “Non Calarás non é unha exposición máis”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Ía estar 12 días exposta na Mariña, pero a alerta obrigou a retirala durante esta pasada fin de semana. Hoxe, martes, voltou o sol e con ela a singular exposición “Non Calarás”, e ducias de persoas (veciñanza e pasaxeiros ingleses do cruceiro máis grande do mundo) achegábanse para botar unha rápida visión.

“Non é unha exposición máis”, explica María Xosé Bravo, da promotora AC Alexandre Bóveda. “A xente sorpréndese moito ao coñecer todas as historias que recolle”, sinala invitando a achegarse a ver unha mostra, financiada pola Deputación (foi un dos proxectos que gañou no 2024 un dos premios Luís Villalta para proxectos pola igualdade), que estará accesible ao lado da Autoridade Portuaria, ata o luns 17 de marzo.

A que non sabías da folga de lavandeiras no 1907? A mostra recolle historias de colectivos de traballadoras da Coruña ao longo do século XX que dan conta un forte movemento de empoderamento das mulleres como motor de loita social. Moitas delas vinculadas ao mar como as Vendedoras do Peixe ou as mandadeiras. Loitas protagonizas por mullerse que foron esquecidas como as das chambonas, as costureiras, as Irmandiñas, as cigarreiras, as labregas ou as cantareiras, que recolle unha cantiga de Genara e Estrela de Seaia (Malpica).

Unha ducia de historias para non esquecer máis tamén para homenaxear e reivindicar a “Rebeldía Galega”.
A entidade subirá o material creado, un libriño e os paneis, á súa web acalexandreboveda.gal nos vindeiros días.

Exposicion de Mulleres NON Calaras da AC Alexandre Boveda na Marina 2

ÚLTIMAS

Un pleno de acordos e desacordos sobre vivenda, escolas infantís e a Fundación Luís Seoane

Celébrase esta mañá de xoves 1 de outubro un novo pleno no Pazo de...

O Padroado da Fundación Luís Seoane volverá lanzar un proceso de selección da dirección en decembro

Esta pasada tarde de mércores 30 de setembro, coincidindo cos novos actos do festival...

Propoñen comezar a usar a Terceira Rolda para saír da cidade polas obras de Alfonso Molina

O Ministerio de Transportes e Mobilidade acometerá cambios provisionais no tráfico na AC-11 pola...

“Fóra rendistas dos nosos barrios”. Convocada unha manifestación pola vivenda para este sábado

Continúan as mobilizacións, tamén na Coruña, para denunciar a grave situación que vive a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here