InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOPeriga o convenio municipal de Mulleres Colleiteiras: ”Que intereses hai?”

Periga o convenio municipal de Mulleres Colleiteiras: ”Que intereses hai?”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Un dos proxectos de inclusión sociolaboral máis exitosos e que máis apoio social conta da última década na cidade pode estar en perigo. Así, denuncia o BNG, lembrando que o convenio con Mulleres Colleiteiras para a reciclaxe de aceite usado, aprobado hai 10 anos polo goberno da Marea, está caducado dende hai dous anos e avisando que o a Concellería de Medio Ambiente que dixire agora a firme Yoya Neira, ten formulado a proposta de sacar a servizo o concurso. Así llo teñen deixado claro nas últimas reunións á Cooperativa.

No Xornal falado coas Mulleres Colleiteras desta iniciativa laboral, que leva permitido a inclusión laboral de ducias de mulleres xitanas, e que hoxe dá emprego a 8 traballadoras fixas. Un “exemplo de emprendemento e empoderamento feminino, protagonizado por mulleres ciganas que vivían en situacións de exclusión social”, que actualmente é o único proxecto laboral exitoso anos despois das distintas iniciativas para favorecer a inclusión social e laboral de persoas que vivían en asentamentos chabolistas.

O BNG vai levar o asunto ao pleno deste xoves 13 de marzo destacando o “grande interese medio-ambiental” do mesmo. Jorquera deixa claro que “a lei estatal permite transformar o actual convenio nun contrato con Mulleres Colleiteiras para que continúen a prestar ese servizo, xa que non hai contraprestación económica”. Así acontece, subliña, “con multitude de contratos subscritos polas administracións con entidades sociais”, até o punto de que “a propia normativa autonómica contempla o réxime de concertos sociais”.
Alerta ademais de que se lles obrigan a constituírse como empresa de inserción para poder concursal, isto tería “paradoxalmente” como consecuencia práctica que o modelo retrocedería en conquistas sociais e laborais.“Mulleres Colleiteiras”, explica Jorquera, “e unha cooperativa e se se vise obrigada a se tornar nunha empresa de inserción, durante os dous primeiros anos o 30% das persoas contratadas tería que proceder de ‘bolsas de emprego’, porcentaxe que co paso do tempo aumentaría até chegar o 50%”.

A realidade é que coa nova lexislación si que se podería dar, nunha soa ocasión, un contrato reservado de 3 anos, para o cal a Cooperativa cumpriría os requerimentos, formulando a necesidade de nese tempo, ir adaptando a Cooperativa ás necesidades lexislativas. Pero a intención da Concellería de Medio Ambiente .

”Que intereses hai?”

Juan Aradas (fundador Mulleres Colleiteiras e membro de Arquitecto sen Fronteiras) pregúntase “que intereses hai para cambiar algo que funciona”. Lembra a presenza etérea ata hai pouco da pantasma da Fundación Olidis, unha gran entidade que prometera crear unha planta de reciclaxe na Estrada e que dende que participou nunhas xornadas de Inclusión e Economía social organizadas na Facultade de Económicas en 2022, as negociacións co concello cambiaron de rumbo.

Arada critica que nos últimos anos teñen pouco apoio municipal para, por exemplo, ampliar a rede de contedores, e temen que esta sexa unha “especie de manobra como a que se fixo no seu momento cos puntos limpos”, que provocou o “comezo da criminalización da poboación xitana”, que se dedica á ferralla legalmente. “Ao mellor pensa que estas xitanas chegaron demasiado lonxe e que teñen que volver cobrar o Risga”, lanza Arada.

Máis novas

Sofía Vázquez, a xitana de Mulleres Colleiteiras: “Onde antes nos pechaban portas, agora nos chaman polo noso bo facer”

A Fundación Secretariado Xitano, rompendo prexuizos dentro e fóra da comunidade

A escolarización, a inserción laboral e o coñecemento da cultura, os camiños do Secretariado do Pobo Xitano para unha integración real

ÚLTIMAS

A Xunta nega recortes en Educación e acusa a Inés Rey de desatender o mantemento dos colexios

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional negou categoricamente unha redución do...

Finaliza sen acordo a negociación do convenio de transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña

As negociacións polo convenio do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña...

Avanzan as obras dos Cantóns, con inicio da próxima fase a comezos de marzo

Visita institucional esta mañá ás obras dos Cantóns, no marco da humanización da zona....

Cinco taxis coruñeses poderán operar en Alvedro a partir do 16 de marzo

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado pola directora xeral de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here