O sábado 15 de marzo celebrouse na Coruña a gala de entrega dos VIII Premios Educa Abanca. Mellor docente de España 2025. Alí estivo Fina Paulos (natural de Santa Marta Babío (Bergondo), profesora do Departamento de Informática do IES Maximino Romero de Lema, acadando nada menos que o segundo premio na categoría de Educación Secundaria e Bacharelato.
Da súa longa traxectoria profesional destacamos nos últimos anos o seu intenso traballo con proxectos innovadores que teñen a intelixencia artificial como ferramenta para a inclusión, a aprendizaxe e a motivación. Entre as súas actividades, cómpre destacar o fomento do uso responsable da Intelixencia Artificial no ensino, conseguindo numerosos premios en certames escolares, mesmo creando un libro sobre o uso cotián da IA e dando charlas pola Costa da Morte.
A mestra declaraba, ao remate da gala, que “recibir este recoñecemento é unha honra inmensa para min, non só polo que representa a nivel profesional, senón porque pon en valor algo no que creo profundamente: a educación pública, rural e galega”.
Máis novas
A mestra Fina Paulos xa é finalista dos Premios EDUCA ABANCA 2024