InicioSOCIEDADEAtento pecha a quenda de noite no Centro da Coruña

Atento pecha a quenda de noite no Centro da Coruña

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Atento comunicou o pasado venres aos traballadores da quenda de noite a súa decisión de cesar no centro de traballo de Juan Flórez e, en consecuencia, de implantar cambios substanciais nas condicións laborais de máis de 20 compañeiros, segundo denuncia a CGT.

Para o sindicato, que leva anos liderando a loita contra o proceso de deslocalización da súa estrurura e de destrución de emprego no país, “esta medida, ademais de dificultar a conciliación da vida laboral e persoal, supón unha perda económica (polas bonificacións que se pagan nas quendas nocturnas) e afecta aos traballadores que, nalgúns casos, levan case 25 anos traballando en quendas nocturnas, cunhas 25 horas semanais semanais, e cuxo salario colectivo acaba de ser superado polo salario mínimo”.

Denuncian que “moitos compañeiros veranse obrigados a abandonar o seu posto de traballo por non poder aceptar o novo horario asignado unilateralmente pola empresa”.

“Atento, en connivencia co seu cliente Telefónica, está a aplicar esta medida motivada exclusivamente pola súa mesquindade e cobiza, para seguir aumentando os seus beneficios a costa dos que traballamos para ela e sen importarlle o máis mínimo a nosa vida, externalizando a quenda de noite do servizo de asistencia técnica de Movistar (línea de axuda número 1002) a Colombia, onde os traballadores xa teñen peores condicións de traballo no sector de Contact Center”, denuncia a CGT.

Máis novas

Folga das traballadoras de Atento na Coruña este luns

As traballadoras de ABAI volveron concentrarse ás portas da tenda de Movistar

ÚLTIMAS

Apolo18 e a Orquestra Bravú Xangai entre os finalistas aos Premios Martín Códax 2026

Acaban de saír os finalistas dos Premios Martín Códax da Música 2026. Os Grammys...

Diana Varela Puñal estrea o seu novo poemario no local veciñal da Agra

Falamos a semana pasada con ela, co gallo da súa nova creación poética. E...

5.000 bocatas cardiosaudables e moita canteira na XXII Festa do Pan de Carral

Sabrosa fin de semana que se viviu esta fin de semana en Carral no...

Unha nova Asemblea cidadá para “Salvar os frescos de Lugrís”

Xa nos avanzaba onte Rodrigo Osorio que os colectivos In Nave Civitas e O...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here