InicioBARRIOSNovas alegacións veciñais e políticas contra a urbanización do Parque da Agra

Novas alegacións veciñais e políticas contra a urbanización do Parque da Agra

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Tralas alegacións respaldadas por máis de 5.800 presentadas pola veciñanza do barrio, tanto a plataforma Defensa do Común como o BNG veñen de presentar sendas alegacións á modificación puntual do PXOM Parque da Agra.

A entidade veciñal pide que se proceda a unha nova proposta “coa idea de garantir o gran Parque, unha reivindicación longamente anhelada pola veciñanza desta populosa barriada coruñesa”. Amosan a “súa convicción de que a maioría dos bloques de edificios de carácter residencial contemplados na proposta (B,C,D, E) previstos para o POL M22, deben ser suprimidos e cualificados como zona verde pública en orde a dotar ao barrio do gran Parque do Agra porque a veciñanza non pode seguir sendo a vítima da especulación”.

Finalmente, Defensa do Común saúda a posición firme da asociación veciñal que nunca abdicou do seu gran proxecto de dispoñer dun gran Parque e que, ao tempo, permitiulle contaxiar esa demanda ao conxunto do barrio.

O BNG

En paralelo, a portavoz do BNG no Concello e candidata nacionalista á Alcaldía, Avia Veira, rexistrou a alegacións o pasado venres, após comprobar que durante a tramitación da modificación puntual do PXOM o Goberno Local “lle ocultou información relevante”. A clave, explicou, radica na sentenza en relación ao soar das Adoratrices. “Nas distintas fases da tramitación, tanto da modificación puntual como do convenio asinado polo Concello co propietario desa parcela, o Goberno Local deu a entender que, en aplicación do fallo do tribunal, os usos dese solo eran necesariamente residenciais”. Pero en realidade non é así”, sinalan tras “descubrir que por efecto da sentenza ao soar das Adoratrices volvíalle ser de aplicación o PXOM de 1998 e non o de 2013. Tanto a lexislación como a xurisprudencia sinalan que cando se anula total ou parcialmente un plan [o de 2013] entra en vigor o planeamento anterior, isto é, o de 1998”.

O Concello ten a facultade de mudar o uso para residencial, mais iso esixe un proceso que non se levou a cabo. “Debería partirse, pois, do que establecía o PXOM de 1998”, alegou Veira.

Reducir a edificabiilidade, aumentar a zona verde

Alén da cuestión do soar das Adoratrices, as alegacións do BNG van na dirección de reducir a edificabilidade e, por tanto, aumentar a zona verde do Parque.

En concreto, o BNG pide eliminar os volumes denominados B, C, D e E, a cesión da edificabilidade que lle corresponde á Axencia de Meteoroloxía e a obtención -vía expropiación ou por medio doutro dos mecanismos previstos na Lei do Solo- dos 3.500 metros cadrados que a propiedade do soar das Adoratrices estaba disposto a ceder.

Se foren atendidas as alegacións do BNG, o espazo libre alcanzaría os 15.463 metros cadrados, 22% máis do que se recolle na proposta de aprobación incial.

Sumar

Movemento Sumar Coruña presentou alegacións á Modificación Puntual no 27 do PXOM no ámbito do Parque do Agra, reclamando ao Concello que reconsidere a ordenación antes da súa aprobación definitiva e aproveite toda a marxe existente para conseguir o maior retorno colectivo posible para o barrio.
A formación lembra que a sentenza debe cumprirse, pero non configura por si mesma a ordenación concreta que agora se tramita: non establece volumetría, as alturas, a disposición do edificios nin a configuración dos edificios. Son decisións posteriores de planeamento que corresponden ao Concello e que deben estar xustificadas desde o interese xeral.
«Unha sentenza resolve un conflito xurídico, pero non decide como debe ser o Parque do Agra. Esa responsabilidade segue sendo do Concello e debe exercerse pensando primeiro nas necesidades do barrio», afirma Trinidad Palacios, voceira de Movemento Sumar Coruña.

Máis novas

A A.V. Agra rexistrou unha alegación colectiva asinada por 5.800 persoas contra os edificios do Parque da Agra

ÚLTIMAS

Aspanaes inaugura na Coruña un novo centro de atención temperá e psicoeducativo para menores con autismo

Representantes de Aspanaes -- entidade de apoio a persoas con autismo e as súas...

Un coche acaba no tellado dun alpendre tras saír da vía e atravesar varias fincas

Dúas persoas resultaron feridas este sábado tras saírse da vía o turismo no que...

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

O Concello da Coruña sostén que a declaración da cidade como zona de mercado...

Dúas persoas resultan feridas ao caerlles unha árbore enriba na rúa Barcelona

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres na Coruña despois de que unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here