InicioA CORUÑAFerida unha muller tras encaixar o coche nun escaparate da Coruña

Ferida unha muller tras encaixar o coche nun escaparate da Coruña

Publicada o

Por europapress

Un coche quedou encaixado este martes nun escaparate da Coruña tras unha colisión entre dous turismos, co resultado dunha persoa ferida leve. Segundo informou a Europa Press a Policía Local, o sinistro produciuse sobre as 07.25 horas na praza de Pontevedra, na confluencia coa rúa Teresa Herrera.

Tras unha colisión entre dous vehículos, un deles quedou encaixado no escaparate dunha tenda de venda de móbiles situada na zona. Ademais da Policía Local, ao lugar desprazouse Urxencias Sanitarias 061 que trasladou a unha muller de 37 anos, que resultou ferida leve. Sobre unha hora despois, xa non quedaba ningún dos vehículos implicados na zona.

ÚLTIMAS

A Coruña sae á rúa polos murais de Lugrís

Segue quecendo motores as asociacións da cidade para a gran marcha polos murais de...

Denuncian as lamentables condicións dunha granxa de visóns de Abegondo e a Xunta anunca inspeccións

A ONG Arde Global vén de denunciar ante a Fiscalía unha granxa de...

Zucchero, voz icónica do rock blues italiano, actuará o 2 de outubro no Palacio da Ópera

Zucchero, voz icónica do rock blues italiano, actuará o 2 de outubro no Palacio...

Caen na Coruña os autores dunha vaga de roubos en coches e nun instituto: un deles xa está en prisión

A Policía Nacional da Coruña procedeu á detención dun home e dunha muller como...