InicioSOCIEDADETres centros coruñeses, entre as 25 “catedrais educativas” de Galicia

Tres centros coruñeses, entre as 25 “catedrais educativas” de Galicia

Publicada o

Por editor

O IES Eusebio da Garda, o IES Salvador de Madariaga e o CIFP Universidade Laboral foron escollidos pola Xunta para formar parte do novo proxecto “As catedrais educativas de Galicia”.

O proxecto constará dunha exposición itinerante e nunha publicación conmemorativa, entre outras actividades, para afondar na historia arquitectónica dos edificios que ocupan estes centros, aspectos históricos, a súa relación coa contorna e os elementos que lles dan a súa singularidade. Tamén se abordarán cuestións como os fitos relevantes e curiosidades na traxectoria destes colexios e institutos ao longo dos anos, así como os estudantes ilustres que se formaron nas súas aulas.

Ademais dos coruñeses, os escollidos son: IES Fernando Blanco (Cee), Concepción Arenal (Ferrol), Rosalía de Castro (Santiago de Compostela), San Clemente (Santiago), Xelmírez I (Santiago de Compostela), Lucus Augusti (Lugo), Nosa Sra. Dos Ollos Grandes (Lugo), San Rosendo (Mondoñedo), Celanova-Celso Emilio Ferreiro (Celanova), Otero Pedrayo (Ourense), Universidade Laboral (Ourense), Escolas Proval (Nigrán), Valle-Inclán (Pontevedra), Sánchez Cantón (Pontevedra), Santa Irene (Vigo) e San Tomé de Freixeiro (Vigo).
No caso dos centros integrados de FP, inclúense os centros integrados de Formación Profesional Universidade Laboral (A Coruña), Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela), A Granxa (Ponteareas) e Manuel Antonio (Vigo). Seleccionáronse, ademais, a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón (Lugo), o Conservatorio Superior de Música de Vigo e o Centro de Educación Especial CEE Saladino Cortizo (Vigo).

ÚLTIMAS

A poeta Estíbaliz Espinosa ante a eclipse: “Levo anos traballando esa trenza cósmica de poesía que mira ao ceo, así que ando con textos...

A eclipse do 12 agosto poderá converterse, se cadra, nun acontecemento único na vida...

“Voa”, o novo himno oficial composto por Xoel López

O RC Deportivo presentou o seu novo himno oficial, "Voa", unha peza composta por...

Un incendio queima unha hectárea en San Pedro de Visma, na Coruña

Un incendio rexistrado este martes na zona de San Pedro de Visma, na Coruña,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here