InicioECONOMÍAArrincan as obras de demolición do antigo edificio de Pacientes do Chuac

Arrincan as obras de demolición do antigo edificio de Pacientes do Chuac

Publicada o

Por europapress

A Xunta iniciou as obras de demolición do antigo edificio de Pacientes do complexo hospitalario universitario da Coruña de cara ás obras de ampliación no marco do proxecto ‘Novo Chuac’.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, subliñou que se trata dunha obra “de gran envergadura” que se executa simultaneamente coa actividade asistencial sanitaria, que “en ningún momento se vai paraliza”.

Destacaron que se tratan de actuacións encamiñadas a incrementar a superficie asistencial, cun aumento, entre outras novidades, dun 15 % das camas dispoñibles.

Derrubamento

O derrubamento do antigo edificio do Pacientes, que data de 1972 e que consta con 10 pisos e máis de 7.500 metros cadrados construídos, levará a cabo en distintas fases.
Na primeira, será o volume correspondente ao salón de actos e unha parte do bloque administrativo, integrada por tres plantas. Na segunda fase, abordarase a derruba do resto de bloques.

Esta actuación facilitará os terreos necesarios para a construción dos accesos e o anel perimetral do complexo hospitalario universitario da Coruña, que a Xunta executará ao amparo do convenio asinado co Concello.

Así será a “torre polivalente” do novo Chuac

ÚLTIMAS

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña ponse en folga

Os representantes dos traballadores da Compañía de Tranvías da Coruña, composto polas seccións sindicais...

“Foliada”, a nova APP para consultar e compartir cantigas galegas

Xa coñecemos as aplicacións ”Breogán” e ”Carmucha”. Ferramentas dixitais que espallan a nosa música...

A Coruña pídelle á Xunta xestionar a nova estación de autobuses: “En Vigo, transferiuse ao Concello”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, manifestou a intención do concello herculino...

Mar de Fábula e persoas privadas de liberdade do CIS constatan o regular estado de saúde do Areal da Torre

A pasada semana, o areal da Torre acolleu a quinta acción ambiental deste ano...