InicioSOCIEDADEAsí será a "torre polivalente" do novo Chuac

Así será a “torre polivalente” do novo Chuac

Publicada o

Por europapress

A ‘torre polivalente’ do ‘Novo Chuac’ entrará en funcionamento “a finais de 2025”. Acollerá a nova sede administrativa do complexo hospitalario universitario da Coruña e albergará o hotel de pacientes con 14 habitacións.

Así o anunciou a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, este xoves nunha visita ás obras á que asistiu, tamén, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño. Segundo detallou, a ‘torre polivalente’ ocupará 12.369 metros cadrados, terá “16 plantas e dous accesos”, así como unha “pasarela” que conectará o inmoble co bloque central do hospital actual e “unha zona verde”.

O edificio, cuxo prazo de execución é de “18 meses”, será o punto desde o que se administrará todo o complexo hospitalario e albergará “dúas plantas para o hotel de pacientes con 14 habitacións”.

APARCADOIRO PROVISIONAL

A conselleira informou, tamén, que o aparcadoiro provisional “ao que só poderán acceder os sanitarios” estará aberto “o vindeiro venres”, día 12. “Os inicios foron complicados pero finalmente todo deu froito”, apuntou.

Doutra banda, sinalou que a Xunta está “a ultimar a redacción do viario perimetral de accesos”, o cal está previsto que “se poida presentar a final de ano”. Repecto á segunda e terceira fase do ‘Novo Chuac’, avanzou que están a traballar na “redacción de proxectos” para poder “licitar no primeiro semestre de 2025”.

Martínez Allegue lembrou que o investimento do Goberno autonómico neste proxecto “alcanzará os 500 millóns de euros”. O conselleiro de Sanidade, pola súa banda, recalcou que o ‘Novo Chuac’ é “a infraestrutura máis potente impulsada pola Xunta” e “non só ampliará a extensión” do complexo senón que incrementará “un 15% o número de camas” e “máis dun 50% os postos de observación e consultas en Urxencias”.

ÚLTIMAS

A Xunta ameaza con usar os fondos estatais de vivenda en proxectos propios se o concello non cede parcelas

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas amosou a súa disposición a entregar...

A Coruña e o milagre dos pisos desaparecidos

Na cidade hai miles de persoas buscando casa, administracións buscando culpables e políticos buscando...

Encarna Rodríguez Barca, nova subdelegada do Goberno na Coruña

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reuniuse este mércores coa nova subdelegada...

Investigan a agresión ao director dun instituto de Oleiros por parte do familiar dun alumno

A Garda Civil investiga a suposta agresión ao director do IES Neira Vilas, situado...