InicioMOV. SOCIAISA Coruña e toda Galicia quece unha nova velada por Palestina

A Coruña e toda Galicia quece unha nova velada por Palestina

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Hoxe luns 31 de marzo, hai case 40 concentracións en todo o país para volver a denunciar que Galicia está radicalmente en contra do xenocidio que o estado sionista de Israel está realizando sobre o pobo palestino. Se ben a cita central será en Compostela, cunha megaxuntanza do colectivo cultural de todo o país, A Coruña tamén demostrará o seu compromiso ás 20:00h, coma sempre, no Obelisco.

Pancartas de Safa contra o xenocidio palestino
Imaxe da campaña liderada por Safa en Compostela

Pero é que onte, 30 de marzo, é o Día da Terra Palestina, onde se conmemora a folga xeral de 1976 contra o roubo de territorios palestinos. Nesta data, o pobo palestino denuncia a limpeza étnica, o roubo de terras e o estado de Apartheid no que vive desde hai décadas, baixo a ocupación do estado sionista.

Así o fixo onte unha delegación do colectivo Pararlaguerra, cunha concentración no Obelisco, que serve para quecer motores para a megaconcentración desta tarde. Lembraron que dende Netanyahu rompeu o alto o fogo, o exército israelí xa matou a máis de 400 civís, a maioría mulleres e nenos, sendo xa máis de 50.000 persoas asasinadas en Gaza dende o comezo do xenocidio.

E fíxoo co apoio explícito de Trump, que tamén tivo a vileza de facer un vídeo e envialo por todo o mundo anunciando que quere expulsar aos habitantes de Gaza para converter Gaza nun centro turístico, a “Riviera de Oriente Medio”.

O colectivo Pararlaguerra, formado por máis de 100 organizacións e milleiros de profesionais, considera que “é hora de que toda a poboación —profesionais, intelectuais, activistas, organizacións e cidadáns de todo o país— se una e berre “Alto a masacre da poboación palestina”.

Máis novas

Mohamed Safa: ”Non queremos unha loita étnica, isto é unha guerra anticolonialista”

Mohamed Safa: “Por que os palestinos non temos ese dereito á autodefensa que Europa si llo outorga a Israel? ou a Ucrania?”

ÚLTIMAS

A poeta Estíbaliz Espinosa ante a eclipse: “Levo anos traballando esa trenza cósmica de poesía que mira ao ceo, así que ando con textos...

A eclipse do 12 agosto poderá converterse, se cadra, nun acontecemento único na vida...

“Voa”, o novo himno oficial composto por Xoel López

O RC Deportivo presentou o seu novo himno oficial, "Voa", unha peza composta por...

Un incendio queima unha hectárea en San Pedro de Visma, na Coruña

Un incendio rexistrado este martes na zona de San Pedro de Visma, na Coruña,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here