InicioCULTURAA lusofonía une a poesía africana de Ondjaki coa galega de Sechu...

A lusofonía une a poesía africana de Ondjaki coa galega de Sechu Sende

Publicada o

Por europapress

Luns poético o que viviu a cidade onte, pola mañá no IES Rafael Dieste, e pola tarde no Ágora, nunha xornada no que a lusofonía foi protagonista.

Ondjaki no IES Rafael Dieste

O instituto coruñés vestiuse de festa para recibir a Ondjaki, un dos escritores africanos de maior suceso internacional e gañador dalgúns dos máis prestixiosos premios literarios internacionais como o Jabuti do Brasil, o Littérature-Monde de Francia, ou o José Saramago de Portugal.

Ndalu de Almeida, coñecido no mundo literario como Ondjaki, que significa ‘guerreiro’ na lingua mbundu, é natural de Luanda, en Angola, é doutoramento en Estudos Africanos. Narrador, é tamén escritor para cinema, ademais de compaxinar esta actividade como poeta.

Mantivo un encontro co alumnado de 3º ESO do centro. A súa presenza no centro supuxo o acto inaugural e de presentación dunha semana cultural que o Dieste dedicará, entre o 7 e o 11 de abril, ao universo lusófono, con convidados internacionais e presenza de actividades relacionadas cos pobos que comparten medula lingüística co galego, caso do Brasil, Angola, Brasil, Cabo Verde, Goa, Guiné-Bissau, Guiné Equatorial, a chinesa Macau, Moçambique, Portugal, São Tomé e Príncipe ou de Timor-Leste.

O autor angolano foi presentado por Julieta Pérez Luna, alumna neofalante nacida na Arxentina e de 14 anos, coa que conversou sobre temas relacionados coa súa novela “Bom dia, camaradas”, así como a respecto de aspectos como a historia, a colonización, o sistema escolar angolano ou a lingua mbundu, que -como Ondjaki- falan outros catro millóns de persoas.

Recitais, espectáculos de capoeira, concertos, encontros con alumnado de portugués e outras actividades recollerán, a partir do próximo luns, o testemuño deste primeiro acto.

Ondjaki e Sechu Sende no Poetas Di(n)versos

Pola tarde, o ciclo Poetas Di(n)versos uniu no Ágora a poesía de Ondjaki coa galaica do padronés Séchu Sende, nun encontro presentado por Yolanda Castaño que podedes ver aquí.

ÚLTIMAS

Disparidade entre Concello e a Xunta pola nova parada de bus metropolitano na rolda de Outeiro

A Xunta enviaba a semana pasada unha proposta ao Concello da Coruña para crear...

O Centro de Arte Fundación María José Jove marida arquitectura, xogo e comunidade

Se ben o 25 coñeceremos o seu programa educativo completo, este xoves 17 ás...

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un...