InicioBARRIOSA Coruña mobilízase este sábado para que a vivenda deixe de ser...

A Coruña mobilízase este sábado para que a vivenda deixe de ser un negocio

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Quece motores esta semana a cidade para a manifestación estatal “Acabemos co negocio da Vivenda” deste sábado 5 de abril. Unha cita que sairá ás 12h da Praza de Ourense, fronte á Delegación do Goberno e continuará polos Cantóns e pola Avenida da Marina, culminando fronte ao Concello, na praza de María Pita.

Colectivos como o Sindicato de Barrio da Falperra/Os Malllos e a Revolteira afían a catelería e mobilizan as redes sociais para unha cita que ten que ser histórica na loita por unha vivenda digna.

Toca que saiamos á rúa para dicir basta ao encarecemento do custo das nosas casas, nunha cidade ademais que conta cun parque de 20.000 vivendas baleiras.

Porque a realidade é que o problema de acceso á vivenda leva agudizándose de xeito dramático nos últimos anos. A suba desorbitada dos prezos dos alugueres, o auxe dos pisos turísticos, as dinámicas especulativas e, en definitiva, o tratamento da vivenda como ben de mercado contribúen ó enriquecemento dunha minoría rentista á costa do empobrecemento da clase traballadora que, no caso de poder acceder a unha vivenda.

A precariedade, a inestabilidade, os problemas de desafiuzamentos, coa infravivenda… cada vez son máis graves mesmo para as familias traballadoras, que cada vez temos que adicar a maior parte dos nosos ingresos a pagar alugueres desproporcionados ou hipotecas que nos atan durante décadas.

O modelo inmobiliario capitalista actual seguirá expulsándonos das nosas casas, das nosas vidas, se non obrigamos á clase política a tomar medidas, e obrigar a que a vivenda sexa tratada como como dereito básico, non como como un negocio, unha mercadoría ou un instrumento para a acumulación de riqueza.

As demandas xenéricas dos colectivos sociais arredor do movemento acabemosconelnegocio, son claras:

  • Redución e control dos prezos dos alugueres.
  • Regulación e limitación dos alugueres turísticos.
  • Recuperación das vivendas baleiras para uso habitacional.
  • Freno á compra especulativa de vivenda.

Manifestacio-n-Vivenda-05-04-25-a-cor-1

Protesta na Coruña contra o “negocio da vivenda”

Máis novas de vivenda e urbanismo

As 10 promocións urbanísticas formuladas na Coruña prevén a construción de 18.000 novas vivendas

“Co Master Plan Coruña Marítima enfróntamos a unhas propostas anacrónicas”

#Ninmedionormal, a campaña de @o.novo.normal.coruna pola Emerxencia Inmobiliaria

 

ÚLTIMAS

O peirao público de Calvo Sotelo bota o peche para os festivais privados do verán

O peirao de Calvo Sotelo está aberto aos coruñeses desde o mes de novembro...

A CIG ocupa, neste intre, sedes da Xunta e do SERGAS contra a pretensión do PP de legalizar o abuso das mutuas

Representantes da CIG ocupan nesta mañá de luns, as sedes da Xunta e do...

O BNG pídelle ao Goberno Local informes sobre a situación económica

O grupo municipal do BNG pediu ao goberno local da Coruña que lle facilite...

Investigadores da UDC avanzan nun novo sistema para levar material xenético ao interior das células

Persoal investigador do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da Universidade da Coruña desenvolveu...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here