InicioCAMBREA alcaldesa de Cambre explica a súa dimisión polo "boicot de PP,...

A alcaldesa de Cambre explica a súa dimisión polo “boicot de PP, PSOE e BNG”

Publicada o

Por editor

“Os 11 concelleiros de PP, PSOE e BNG de Cambre estamos a boicotear o noso traballo como goberno sen medir os danos colaterais de Cambre. Non todo vai en política, Cambre merece máis”. Despois de apenas un ano como alcaldesa (foi o pasado mes de marzo de 2024 cando dimitía Óscar García Patiño polo bloqueo administrativo que vivía o Concello) e outros cinco como concelleira de goberno, María Pan Lesta certificou a súa dimisión como rexedora, como xa se avanzara esta semana.

Durante a súa intervención, a voceira de Unión por Cambre calificouno como “a decisión máis difícil da miña vida, pero tamén como un paso necesario para que a antinatural coalición de dereitas e esquerdas que tenta dirixir Cambre dende a oposición o faga dende o goberno”. A rexedora,  referiuse á situación de parálise administrativa que está a vivir o Concello dende a chegada das “dúas habilitadas nacionais cun criterio e un xeito de traballar distintos”, que provocara a dimisión de García Patiño. Pero a estas trabas súmase “a actitude de dous concelleiros destas tres formacións, que non pensan en Cambre e que fixeron dous informes autorizados ou o seu único discurso político”.

A alcaldesa lamentou o rexeitamento dos grupos para sacar adiante a adxudicación extraxudicial de crédito para pagar facturas pendentes a empresas de servizos esenciais (rexeitada por estas partes ata catro veces) e á modificación da Relación de Postos de Traballo. “Non vou estar aquí dous anos máis cobrando o meu soldo para non ser capaz de pagar a débeda cos provedores, solucionar a falta de persoal do Concello nin seguir mantendo as axudas ao tecido asociativo“, subliñou o rexedora.

Pan Lesta lembrou que os veciños “elixen representantes políticos para traballar e tomar decisións importantes no interese xeral”. Non obstante, segundo explicou, “estes partidos demostraron que o seu único interese era acabar con Unión x Cambre a costa do que sexa. Na política, a valentía mídese pola profundidade das túas accións, deixando de lado o interese persoal e loitando polo interese xeral do pobo”. Sinalou que os partidos libres como Unión por Cambre somos “molestos e non gustamos porque non nos debemos a ninguén, só aos veciños e veciñas e de aí xorde o verdadeiro obxectivo desta oposición: acabar a toda costa con UxC, dálles igual a quen leven por diante”.

Os edís de Unión por Cambre arrouparon a rexedora
Os edís de Unión por Cambre arrouparon a rexedora

Os Orzamentos e RPT irán a pleno antes da dimisión

Durante a súa intervención, Pan Lesta avanzou a súa intención de “traer a pleno a aprobación do orzamento de 2025, un documento que confeccionei xunto co concelleiro de Economía e Facenda, Daniel Mallo, e que se consensuou coa oposición”.

Tamén levará a nova RTP, no marco das mobilizacións continuas dos traballadores: “Díxeno no pleno de marzo, comprometinme a traer a nova Relación de Postos de Traballo un documento que, se ben ten o apoio sindical, está informada en contra polas habilitadas nacionais e o xefe da área de Urbanismo e Réxime Interior. A pregunta agora é que van facer estes 11 concelleiros que levan meses escudándose nos informes contrarios das habilitadas para botar por terra todas as nosas solucións. Van aprobar a RPT?”.

O último ano

Quixo facer Pan Lesta un resumo do seu ano de mandato dende o 22 de abril de 2024.  Un dos seus primeiros pasos como alcaldesa foi a formalización de contratos pontes para garantir a subministración de combustible aos edificios e vehículos municipais (5 de abril de 2024); a declaración de emerxencia sanitaria pola falta de limpeza nos colexios e no centro de saúde (2 de maio) e a contratación urxente dunha empresa para acometer a execución destas obras (9 de maio).

O pago de facturas pendentes tamén foi unha pedra angular da administración durante o último ano. En total, o Concello aboou 6.708.822,62 euros desde a toma de posesión. A maioría deles, mediante recoñecementos extraxudiciais de crédito. Porén, unha parte (1.170.000 euros) abonouse mediante decreto de alcaldía.

En maio de 2024, despois de que estes tres grupos (PP, PSOE e BNG de Cambre) rexeitasen o orzamento municipal, a rexedora presentou unha moción de confianza relacionada con este documento. Transcorridos os 30 días sen que ningún partido presentase unha moción de censura, o orzamento foi aprobado inicialmente.

A regularización de contratos precarios foi tamén un dos obxectivos que Pan Lesta se marcou ao tomar posesión. Un obxectivo que se cumpriu co proceso de licitación de varios servizos: Servizo de Asistencia no Fogar, mantemento de marquesiñas de autobuses, subministración de combustible, así como outras diversas obras.

As obras

A alcaldesa rematou a súa intervención sinalando que o traballo que “Unión x Cambre fixo nos últimos anos no goberno vese na rúa”, e enumerou algunhas das obras máis significativas.

  • Apertura do Parque da Igrexa e da Praza do Balado
  • Inauguración da Biblioteca Central María Pita
  • Execución dun proxecto de rexeneración urbana no Temple, con actuacións en oito rúas da parroquia
  • Construción dos locais de Meixigo e Cela
  • A posta en marcha da Casa Arrigada como nova Oficina Municipal de Información Xuvenil
  • A execución dun ambicioso proxecto de mellora de vías e camiños municipais como intervencións de O Couto, O Jazz, etc

Agradecementos

Pan Lesta rematou agradecendo o seu traballo ao persoal municipal e aos concelleiros do goberno local, “cuxa labor nos últimos meses foi incansable. Cambre pode sentirse orgulloso de contar con persoas coma vós á fronte do seu goberno”. A alcaldesa tamén agradeceu ao seu antecesor, Óscar García Patiño, “que me invitou a entrar en política e que hai un ano me dixo que nunca deixaría de ser eu e que estou facendo o que fago agora, por respecto aos meus veciños”.  Tamén agradeceu aos concelleiros de Alternativa dos Veciños e o concelleiro non adscrito, “que ante esta situación deixaron claro que o seu maior interese era remar por Cambre”.

Máis novas

O BNG tilda de “crónica dunha morte anunciada” a dimisión da alcaldesa de Cambre

A alcaldesa de Cambre dimite despois dun ano á fronte do consistorio

O alcalde de Cambre dimite polo “bloqueo administrativo” da Interventora e a Secretaria

ÚLTIMAS

As obras na avenida Alfonso Molina, na Coruña, provocarán cortes de tráfico as dúas próximas semanas

As obras de remodelación da avenida Alfonso Molina, na cidade da Coruña, provocarán cortes...

Correa Corredoira: “Fago un chamamento á refundación da Luís Seoane”

Con afán “positivo” e “propositivo”, e coa libertade de ser unha “persoa maior e...

O Prácticas segue en loita

Xa decembro do ano pasado denunciaban o deplorable estado das instalacións do centro. Ante...

O TSXG rexeita a suspensión cautelar da taxa turística da Coruña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou a suspensión cautelar da taxa...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here