InicioSOCIEDADEO TSXG rebaixa a pena de cárcere a un coruñés acusado de...

O TSXG rebaixa a pena de cárcere a un coruñés acusado de acosar e agredir sexualmente á súa exparella

Publicada o

Por europapress

A Sala do Civil e Penal do TSXG rebaixou a pena de cárcere imposta pola sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña de oito a dous anos e medio a un home por agredir sexualmente á súa exparella, e nai do seu fillo, e ratifica o pago de 15.120 euros á vítima. En canto ao delito de acoso, confirma a condena dun ano e un mes de prisión. Segundo se recolle na sentenza, o home mantivo unha relación sentimental coa denunciante, coa que tivo un fillo do que a nai ten a garda e custodia tras a separación.

Co fin de salvagardar os intereses do menor, a vítima quería manter contacto co acusado, situación que este aproveitou para acosala con chamadas e mensaxes nas redes sociais e para merodear polos arredores do seu domicilio co fin de propiciar que retomasen a relación sentimental. Un día, co pretexto de darlle á denunciante un agasallo de aniversario para o seu fillo, foron ao domicilio do procesado e este achegouse a ela por detrás, abrazouna e quitoulle o suxeitador sen o seu consentimento.

Os maxistrados consideran acreditado, a través das declaracións da vítima e dos razoamentos da Audiencia, o delito de agresión sexual, en canto ao abrazo e á privación do suxeitador, pero destacan que non consta que o investigado “chegase a ter acceso carnal” coa denunciante, polo que estiman en parte o recurso de apelación presentado pola defensa do procesado, e rebaixan a pena imposta. Por outra banda, indican na sentenza que a condena polo delito de acoso é “axustada á intensidade e reiteración dos feitos na súa pretensión por tentar retomar a relación truncada”.

ÚLTIMAS

O IMCE convoca aos docentes do Programa de Lecer a unha reunión

Xa pasaron 15 días de silencio dende que o Concello anunciaba o rescate a...

Poucas novidades na constitución da Comisión Especial do Mundial 2030

Constituíuse hoxe a Comisión Especial sobre o Mundial 2030. Despois de máis dun ano...

Taxis da Coruña poderán recoller pasaxeiros en Alvedro

Concello da Coruña, Concello de Culleredo e Xunta de Galicia chegaron hoxe a un...

Unha doutora a xuízo por acceder ao historial clínico dunha compañeira sen permiso

A Audiencia Provincial da Coruña celebrará o vindeiro día 4 un xuízo no que...