InicioCULTURAOs espazos singulares, protagonistas do RESIS Festival

Os espazos singulares, protagonistas do RESIS Festival

Publicada o

Por editor

Arrincou a VIII edición do festival RESIS, referente nacional da música contemporánea, que ten aos espazos como grandes protagonistas. Onte escollían o Club Cámara Noroeste para realizar a presentación cunha actuación musical de Adya Khanna Fontenla e Clara Giner. E hoxe, venres 25 de abril, o Teatro Rosalía de Castro, acollerá a primeira xornada concerto de Arxis Ensemble xunto ao Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Serán 30 eventos dende hoxe ao 30 de maio, maridando concertos, arte sonora, tecnoloxía e dixital, exposicións, cine, masterclasses, coloquios e conferencias que se encadrarán nunha ducia de espazos de alto nivel patrimonial, arquitectónico e paisaxístico no centro da cidade da Coruña.

Espazos de Intervención

Porque precisamente unha potencialidades do Resis son os espazos singulares nos que se organizan os eventos:a Igrexa das Capuchinas, o Teatro Rosalía de Castro, o Teatro Colón, o Palacio da Ópera, o Museo de Belas Artes da Coruña, a DOMUS, o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía MUNCYT, a Igrexa de Santo Domingo de Bonaval, a Cidade da
Cultura e o Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela; o Círculo de Belas Artes e o Instituto Goethe, en Madrid; o Teatro Pelanda Matatoio en Roma no Festival Nuovo Consonanza, e en Alte Mühle en Rathenow (Alemaña).

O festi conta con artistas internacionais e prestixiosas agrupacións como son Quatuor Diotima, Arxis Ensemble, Quartet Gerhard, Evo Ensemble, Orquestra e Coro da Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia ou a Banda Municipal; directores como Armando Merino, Fabián Panisello, Jordi Francés, Daniel Huertas ou Javier Fajardo; solistas como Viriginia Guidi, Florian Hoelscher ou Florentin Ginot, ou o creador de metasistemas Rubén Panete.

Tamén estarán os españois Hugo Gómez-Chao Porta e a deseñadora experimental Raquel Buj estrearán KARST na Igrexa de Santo Domingo de Bonaval.

RESIS.LAB

Asemade, o RESIS, na permanente aposta pola educación e a inclusión, realizará actividades de carácter formativo interdisciplinar. O III Panel de lectura de partituras RESIS.LAB, destinado a mozos e mozas compositores e compositoras.

Seguindo esta liña de actuación, levarase tamén a cabo Proxección Sonora IV, aproximando a música contemporánea ás persoas con diferentes capacidades e favorecendo así o acceso igualitario.

As entradas de balde

As entradas aos concertos e actividades serán gratuítas, reservándose en ataquilla.com ou de maneira presencial no quiosco da Praza de Ourense. Toda a programación pode ser consultada na páxina web www.resisfestival.gal.

Máis novas

Diego Veiga: “O Mareira Fest enche ese oco que quedou orfo coa desaparición dos centros sociais autoxestionados”

ÚLTIMAS

Feijóo reúne ao PP na Coruña para fixar a estratexia de 2026 e aumentar a presión sobre Sánchez

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, convocou para os días 10 e 11...

Importante impacto da folga de autobuses interurbanos

Os profesionais do servizo de transporte de viaxeiros e viaxeiras por estrada na provincia...

As familias do CEIP Concepción Arenal apoian as demandas do seu profesorado ante a falta de persoal coidador

Onte era o profesorado o que se plantaba e non acodía ás aulas. Hoxe,...

O Mercado de Monte Alto abrirá as súas portas o vindeiro mércores 10

Xa hai data confirmada. O vindeiro mércores 10 de decembro, o novo Mercado municipal...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here