InicioA CORUÑA"Práctica normalidade" na Coruña despois de cen intervencións deivadas do apagamento

“Práctica normalidade” na Coruña despois de cen intervencións deivadas do apagamento

Publicada o

Por europapress

A Coruña rexistrou nas últimas horas máis dun centenar de intervencións derivadas da falta de subministración eléctrica, aínda que a situación é de “práctica normalidade” en todos os servizos, segundo informou a alcaldesa, Inés Rey.

En rolda de prensa, e sobre as comunicacións, trasladou que se irán recuperando “ao longo do día”. Respecto diso, explicou que “moitas antenas” teñen un servizo manual o que obriga a ir activando “unha a unha”. “Nas próximas horas o asunto estará resolto”, engadiu.

Mentres, sobre a auga, con afectación na xornada de onte en zonas como Monte Alto, Eirís e Castrillón, indicou que se está recuperando e “normalizando” o servizo, aínda que é posible que aínda chegue auga turbia “polos cambios de presión”.

“A cidade está a recobrar a normalidade, practicamente todos os servizos están restablecidos”, resumiu a rexedora que destacou a apertura de centros cívicos ou instalacións deportivas, así como o funcionamento do transporte e só algunha incidencia coa falta de luz na escola municipal de música, pero xa emendada.

INTERVENCIÓNS

A alcaldesa agradeceu, por outra banda, o traballo “exemplar” dos equipos de emerxencia, con 257 persoas traballando na área de seguridade, e destacou o “comportamento cívico” dos cidadáns, así como o feito de que, á marxe de rescates en ascensores ou algún accidente ou incendio, só con danos materiais, non houbese que lamentar máis consecuencias.

Por outra banda, resaltou a axuda a máis de 30 persoas para levalas aos seus domicilios, as 108 intervencións de bombeiros e de Protección Civil ou as 65 da Policía Local, así como a atención a persoas dependentes, con visitas ás mesmas e o mantemento do servizo de comida. A iso, sumou o soporte, nalgún caso, con grupos electrógenos a determinados servizos.

PORTO DA CORUÑA

Pola súa banda, o porto da Coruña recupera a normalidade tras manter as actividades imprescindibles e os servizos básicos con grupos electrógenos. Así o explica a Autoridade Portuaria que sinala que todos os faros que dependen deste organismo, 13 en total, funcionaron con este sistema e coa subministración con luz solar.

Tamén resalta que a frota pesqueira saíu a faenar e que esta mañá houbo descarga e poxa de peixe na Lonxa, sen que se detectase ningunha situación grave á marxe da paralización de actividades portuarias non imprescindibles, en concreto, algunhas descargas.

ÚLTIMAS

Vixiantes de seguridade móbilizanse no CHUAC contra a precariedade e as agresións

Vixiantes de seguridade mobilizáronse este luns na contorna do Hospital Universitario da Coruña (CHUAC)...

O PP ve “un patrón de conduta” de acoso laboral no PSOE coruñés

O portavoz do PP da Coruña, Miguel Lorenzo, volveu a esixir a dimisión da...

A Xunta declara viable o parque eólico de Inditex no porto exterior da Coruña

A Xunta formulou a declaración de impacto ambiental do proxecto parque eólico 'Porto exterior...

Unha administración da Agra do Orzán reparte 10 millóns de euros do terceiro premio

Unha administracion de lotaría da Coruña, situada en rúa Alcalde Lens, repartiu dez millóns...