InicioMOV. SOCIAISAsí foron as diversas mobilizacións coruñesas polo Día do Traballador

Así foron as diversas mobilizacións coruñesas polo Día do Traballador

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Mañá repleta de mobilizacións na cidade da Coruña polo 1 de Maio. Un Día do Traballador que representou, en calquera caso, a división das esquerdas, con case 3.000 persoas mobilizadas polos seus sindicatos, pero cada un polo seu camiño.

A da CGT, CNT, CUT e Sindicato de la Elevación: «A clase traballadora en loita»

Manifestacion polo 1 de maio na Coruna de CGT, CNT, CUT e Sindicato de la Elevación

Perto de 400 persoas participaron na manifestación que saíu, ás 12:30, da praza de Pontevedra, convocadas pola CGT, CNT, CUT e Sindicato de la Elevación, baixo a consigna de «A clase traballadora en loita». Percorreron a rúa de Santo Andrés e, tras subir pola rúa de Panadeiras, remataron no Campo da Leña, onde se leu o manifesto común.

A animación foi a constante de toda a manifestación, na que se corearon consignas en solidariedade con Palestina, contra a militarización e a guerra, a favor da acción directa e chamamentos en solidariedade cos seis da Suiza e á loita como camiño a seguir.
Houbo presenza notable de traballadoras de telemárquetin, unha nutrida representación de Correos e persoal da residencia da Xunta de Caranza, que están atravesando conflitos específicos.

CCOO e UGT: “Protexer o conquistado, gañar futuro”

Manifestacion 1 de Maio UGT e CCOO Coruna 2

Unha das máis numerosas foi a convocatoria de UGT e CCOO, baixo o lema “Protexer o conquistado, gañar futuro”. Os grupos lembraron o contexto de conflitos bélicos nos que nos atopamos, e valorou esta mobilización pola democracia, a liberdade e os dereitos”. “Porque son moitos os avances conseguidos nestes últimos anos en materia social e laboral, reforma laboral, pensións, SMI… pero hai que seguir traballando, no contexto do diálogo social, porque aínda son moitas as eivas e hai que estar firmes na defensa do conquistado ante as ameazas que o cuestionan”, sinalan.

A CIG e o BNG: “Traballo, dereitos, soberanía. Galiza contra as guerras”

CIG_ACorunha_PrimeiroMaio_002

A Convocatoria da CIG partiu da Praza de Vigo, partía da praza de Vigo ás 12:00h, baixo o lema “Traballo, dereitos, soberanía. Galiza contra as guerras”.
Os membros do grupo municipal do BNG (Francisco Jorquera, Avia Veira, Mercedes Queixas e David Soto), acompañaron portando unha faixa na que se podía ler a lenda “En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos”.

Manifestacion BNG 1 DE MAIO

Movemento Sumar: 37,5 horas semanais

Sumar Galicia na Manifestacion Coruna 1 de maio

Tamén acompañou unha das mobilizacións o Movemento Sumar Galicia, facendo fincapé en que estamos na véspera da aprobación da xornada laboral de 37,5 horas, que será aprobada no Consello de Ministros este martes 6 de maio.
“Sumar é unha forza comprometida cos dereitos laborais, subimos o salario mínimo en 61 %, creamos empregos estables, combatemos a temporalidade e sempre estaremos ao lado dos sindicatos para conseguir novas conquistas”, afirmou o deputado e portavoz de industria de Sumar no Congreso, Manuel Lago.

ÚLTIMAS

Os docentes do Programa de Lecer deciden emprender accións de presión

Continúa asituación de incerteza entre o máis de medio centenar de docentes dos Cursos...

O Deporte coruñés únese ao Brazalete da Esperanza

Fermosa iniciativa a que se vivirá esta fin de semana co gallo do Día...

Afectadas dúas persoas por inhalación de fume tras arder unha campá extractora en Matogrande

Dúas persoas resultaron intoxicadas por inhalación de fume tras arder unha campá extractora nunha...

Detidos por roubar 900 euros e causar danos por valor de 1.900

A Garda Civil detivo a catro persoas como presuntas autoras de oito delitos de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here