O XornaldaCoruña, como membro da Asociación de Medios en Galego, apoia a nova campaña que saca conxuntamente a AMEGA xunto con provedora de servizos dinahosting (dinahosting.gal) e PuntoGal (dominio.gal) polo Día das Letras Galegas e o Día de Internet.
“Subscríbete ao galego” trata de apoiar o uso do galego na rede fomentando a suscrición aos medios na nosa lingua que forman parte da entidade.
Dende o 17 de maio e ata o 31, as persoas que se subscriban algún os medios en galego participantes na campaña recibirán un dominio .GAL e un hosting totalmente de balde e durante o período dun ano. Este agasallo está valorado en máis de 170€.
Os usuarios beneficiarios recibirán os seus códigos para obter ata o 30 de xuño o seu hosting e dominio gratis.
Os medios con subscrición que participan nesta campaña son:
- Tempos Novos e
- Nós Diario.
- A revista Luzes, que ademais ofrece un desconto nas subscricións dixitais,
- Praza.gal,
Ademais, apoian a campaña os seguintes medios, que non teñen subscrición dispoñible na súa oferta:
- Revista Pincha
- Quepasanacosta.gal
- Galicia Confidencial,
- Nós Televisión,
- GCiencia
- XornaldaCoruña
- Obarbanza.gal
- Codigocero
- PNO Ponte nas Ondas
Tendes toda a info en www.mediosengalego.gal.
Máis novas
AMEGA presenta unha guía didáctica sobre a historia dos medios en galego,