InicioCULTURAOs ritmos latinos de Henry Méndez porán a bailar ao público no...

Os ritmos latinos de Henry Méndez porán a bailar ao público no Recorda Fest

Publicada o

Por Ángela Precedo

Os ritmos latinos de Henry Méndez poñerán a bailar ao público na terceira edición do Recorda Fest, que se celebrará os días 5 e 6 de setembro de 2025 no Peirao de Batería da Coruña. Súmase así ás confirmacións de Lori Meyers, Xoel López, Nena Daconte, Ultraligera, Despistos, Álvaro de Luna, Efecto Pasillo, Leire Martínez, Griso, Kate Ryan e Fran Perea. O festival contará con máis artistas que na súa segunda edición e máis dun 30 % de presenza feminina sobre o escenario Xacobeo.

Henry Méndez escribiu auténticos himnos como ‘Rayos de Sol’, ‘Noche de Estrellas’, ‘El Tiburón’ ou ‘Mi reina’, que levan soando desde 2011 en todas as salas de festa do país. Iniciou a súa carreira profesional en San Quirze do Vallès, na provincia de Barcelona, fusionando os estilos latinos coa música electrónica. Desde o 1 de agosto de 2021 é recoñecido Fillo Adoptivo da cidade de Talavera de la Reina.

No 2011 fichou pola discográfica Roster Music e empezou a traballar co español José de Rico, creando os míticos temas ‘Te fuiste’ ou ‘Rayos de Sol’, que resultou ser un dos maiores éxitos do verán 2012, alcanzando a posición número 2 no Top Chart español, e conseguindo excelentes puntuacións no Ultratop 40 Singles belga ou o Schweizer Hitparade suízo, levándose ese ano o disco de ouro e o disco de platino no festival 40 Praia Pop dos 40 Principais.

Compartiu escenario con artistas da talla de David De María, David Bustamante, José el Francés, Niña Pastori, Chenoa, Guaraná ou Presuntos Implicados. Tamén participou en numerosos programas da grella televisiva española e mesmo na gran pantalla, cando forma parte do elenco na chamada de Javier Ambrossi e Javier Calvo. Os abonos para ambas as xornadas están dispoñibles en www.recordafest.es a un prezo de 55 euros máis gastos de xestión. Pola mesma cantidade, tamén as de mobilidade reducida.

ÚLTIMAS

“Moito beneficio, o noso sacrificio”, decenas de traballadores do sector financeiro protestan para reclamar mellores condicións laborais

A Federación de Servizos de Comisións Obreiras (CC.OO.) mobilizouse este xoves na Coruña para...

A Xustiza filipina aprecia probas contra os policías acusados de Diego bello e rexeita arquivar o caso

Xustiza filipina rexeitou arquivar o caso pola morte do coruñés Diego Bello, ocorrida o...

A AMEGA achegou a realidade dos Medios en Galego ao alumnado de Ciencias da Comunicación da UD

Interesante xornada de reflexión sobre o panorama actual dos medios de comunicación acollía esta...

Obdulia Taboadela encabezará finalmente a candidatura do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña ás eleccións xerais do 29N

O Comité Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña aprobou esta pasada tarde de mércores 14...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here