InicioA CORUÑACooperativistas de Xuxán piden á Xunta que interveña e anule o contrato...

Cooperativistas de Xuxán piden á Xunta que interveña e anule o contrato coa xestora Galivivienda

Publicada o

Por editor

Cooperativistas de Xuxán esixen “transparencia” á xestora Galivivienda — á que o Executivo galego adxudicou esta promoción – e piden á Xunta que faga unha auditoría para ter “control” sobre esta empresa tras o cambio de condicións ao que se viron expostos.

“Pedímoslle transparencia, que non aumente e que conserve as condicións iniciais“, explicou unha das afectadas por esta situación en declaracións a Europa Press. “O primeiro que necesitariamos é que a Xunta auditase a esta xestora para poder fiarnos e que tivese un control sobre ela”, sinalou tras explicar que “o modelo de cooperativa, se non se lexisla e se axusta ao modelo de aluguer e se non hai un control rigoroso sobre a xestora, é moi difícil que saia adiante”.

Doutra banda, tamén asegurou que “se están incumprindo algunhas normativas” e apuntou que “en base aos estatutos habería que quitarlle o chan a Galivivienda, convocar outro concurso público e darllo a outra”. “Unha situación que non desexamos que suceda”, engadiu.

Para os afectados “crear aluguer social a través dunha cooperativa ten unha serie de complicacións porque está concibida para investidores e propietarios”. “Este sistema colócanos en certa vulnerabilidade porque temos todas as obrigacións dun propietario pero non os dereitos”, incidiu unha delas para engadir que van “ser inquilinos durante 50 anos e, finalmente, quen recolle eses edificios é a Xunta de Galicia”.

En canto ao Ministerio de Vivenda, especificou que hai ingresos que proveñen desta carteira “pero en canto ao funcionamento e á xestión evidentemente a responsable é a xestora e a responsable de escoller nun concurso público a esta xestora é a Xunta”. “Así como de escoller o método da cooperativa para construír vivendas de aluguer social”, reiterou.

Pola súa banda, a Xunta ofreceu diálogo e colaboración pero entende que a situación vén derivada do Instituto de Crédito Oficial (ICO), algo que negan desde o Goberno central e esixen á Administración autonómica que exerza as súas competencias en materia de vivenda.

GRUPO VIVENDA COLABORATIVA

En relación a este caso, o Grupo Galego de Vivenda Colaborativa traslada o seu desacordo “con que proxectos levados por xestoras de cooperativas poidan ser considerados como vivenda colaborativa”. Aínda que trasladan o seu apoio aos afectados e confían nunha solución, rexeitan que poida considerarse “vivenda colaborativa”.

“En primeiro lugar non existe un grupo humano non empresarial á fronte do proxecto senón unha xestora de cooperativas movida licitamente por un interese lucrativo e, por tanto, a primeira premisa necesaria”, sinala sobre a “autogestión”. Ademais, remarca que é “evidente” que os xestores de Galivivienda “non van residir en Xuxán e, por tanto, non van formar parte desta comunidade”.

ÚLTIMAS

A presidenta do COAG desmonta o proceso da Fachada Marítima: “O que vexo é que a Autoridade Portuaria quere sacar rendemento económico”

"As bases estratéxicas non parten dun consenso previo coa cidadanía, polo tanto deberían...

O Concello presenta aos hostaleiros a proposta de nova ordenanza municipal de terrazas incluíndo o redeseño das de María Pita

O Concello da Coruña avanza na súa folla de ruta para actualizar a normativa municipal de...

6,2 millóns de euros para primeira fase de mellora de equipamentos deportivos

O Plan de Mellora de Equipamentos Deportivos nos barrios do Concello da Coruña conta...

Máis de 300 persoas secundan cunha marcha a denuncia polos recortes nos CEIPs de Oleiros

Ambiente reivindicativo e festivo o vivido este pasado sábado na marcha organizada pola ANPA...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here