InicioCULTURAO S8 trae a Coruña 112 obras de 15 países

O S8 trae a Coruña 112 obras de 15 países

Publicada o

Por editor

112 obras serán proxectadas procedentes de 15 países, e das que 33 son estreas mundiais e 20 pezas de autoría galega; con 97 cineastas participantes; 6 film performances, 4 sedes (Palexco, Filmoteca de Galicia, Fundación Luis Seoane e Domus); 5 actividades paralelas…

Todo isto é a (S8) Mostra de Cinema Periférico que volverá converter a cidade da Coruña na capital mundial do cinema de vangarda, que se desenvolverá do 3 e o 8 de xuño.

A 6ª edición do festival, presentada onte na Domus, traerá nomes como o venezolano Carlos Castillo, a estadounidense Betzy Bromberg, a chilena Jeannette Muñoz ou a arxentina Daniela Cugliandolo.

A cota ten un volcán evocador da forza da creación como imaxe principal, e precisamente a sesión inaugural será un percorrido por películas icónicas de EEUU, Xapón, Austria, Italia e Francia realizados entre 1923 e 2023 e que teñen os volcáns como inspiración.

Grandes nomes e retrospectivas

Este 2025 cúmprense sesenta anos da aparición do formato Súper 8, que lle dá nome ao festival e ao que se homenaxea por favorecer a liberdade nos primeiros pasos de creadores e cineastas hoxe mundialmente recoñecidos. É o caso do venezolano Carlos Castillo, quen participou coas súas películas en Súper 8 no Festival de Cannes en 1981 e terá na Coruña a primeira retrospectiva da súa obra en Europa. Tamén ofrecerá aquí unha masterclass sobre a historia do cinema de vangarda en Venezuela.

 

Actividades paralelas

A formación e impulso da arte cinematográfica terá o seu espazo en varias actividades previas e durante o festival. O pasado 13 de maio iniciáronse as proxeccións para escolares, polas que pasarán máis de trescentos alumnos e alumnas de entre 8 e 15 anos de varios centros educativos da Coruña. Son catro sesións (13, 20 e 27 de maio e 2 de xuño) que se realizan na Domus e supoñen unha oportunidade para que a xente máis nova descubra o celuloide e a gran diversidade que existe nas formas de facer cinema.

Este ano, ademais, coñecerán o traballo de dous cineastas galegos: Iago Lourido e Xacio Baño, cos que manterán un coloquio tras as proxeccións.
Dentro da oferta educativa da Mostra destaca o taller de inclusión social Xpresa, que se levará a cabo o 30 e 31 de maio na Fundación Luis Seoane e está realizado co apoio da Fundación Emalcsa e o seu programa Cultura Accesible e Inclusiva. Baixo o título “Ritmos de luz, cine sin cámara para la inclusión”, está dirixido pola artista visual Deneb Martos e nel participan persoas usuarias das fundacións Adcor e Asperga.

Xa durante o festival haberá un novo encontro, Paraíso, que convoca estudantes de Belas Artes de diferentes lugares de España. Este ano repiten a Universidade de Vigo e a Universidade de Salamanca, e súmase por vez primeira a Universidade Complutense de Madrid.

ÚLTIMAS

Dexo custodia a biodiversidade que as multinacionais intentan uniformar

A Casa do pobo de Dexo convertiuse no epicentro da biodiveridade galega cun histórico...

Pedro Naveira lanza por primeira vez os seus premiados relatos ao papel

Despois de gañar ducias de concurso de relato curto de toda a xeografía (e...

A Fiscalía pide máis de catro anos de prisión por unha estafa continuada con tarxeta bancaria na Coruña

O Ministerio Fiscal solicita unha condena de catro anos e tres meses de prisión...

A Policía Nacional investiga disparos contra a fachada dun edificio no Agra do Orzán

A Policía Nacional investiga uns disparos rexistrados na tarde deste sábado contra a fachada...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here