InicioA CORUÑALamentan que non se permitise a entrada a Riazor dunha faixa co...

Lamentan que non se permitise a entrada a Riazor dunha faixa co lema “O Dépor é da Coruña”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Desprazouse un grupo do movemento #Aquítaménsefala do IES Rafael Dieste este sábado a Riazor, para levar a súa campaña “O Dépor é da Coruña” nos diferentes actos da súa festa das peñas. Coincidindo ademais co Día das Letras Galegas, comitiva formada por varios profesores e varios alumn@s, despregou unha faixa entre as bancadas de Tribuna e Maratón.

Voaron os 15.000 colantes co lema a imaxe do escudo co topónimo oficial da cidade, que hoxe xa locen en milleiros de carpetas, coches… e dende o grupo aseguran que gozaron da gran acollida que ten a iniciativa entre a afección branquiazul.

Pancarta dos Riazor Blues

Os Riazor Blues comunicaron ao club a intención de despregar unha faixa co lema que xa é un clamor nas redes, nas rúas e nas gradas: “O Dépor é da Coruña”.

No acceso á grada de Maratón, co permiso do club aprobado, a Policía Nacional requisou a pancarta e Riazor non puido ver o traballo realizado pola súa grada de referencia. O grupo non animou durante o partido, durante o que estivo sentado durante a primeira metade, e chegou a abandonar o estadio antes de tempo.

Depor e da Coruna faixa riazor blues
Comunicado dos Riazor Blues

 

Por iso, “Aquí Tamén Se Fala” quere evidenciar a súa mágoa e o seu fondo agradecemento a uns Riazor Blues que levaban traballando durante semanas nunha acción de amor á lingua, ao club, e de apoio á iniciativa do estudantado coruñés.

De “Aquí tamén se fala” continúan animando o RC Deportivo a asumir, unha vez máis e como leva facendo case 120 anos, o seu lugar na historia e a se reunir cos representantes da plataforma para que os reciban e os escoiten. Para que coñezan de primeira man toda a forza do seu amor. Porque o Dépor é da Coruña.

Máis novas do proxecto

Aquí tamén se fala segue colleitando apoios para normalizar o nome do Dépor

“O Dépor é da Coruña”, o novo reto normalizador do #Aquítaménsefala

Por que o #Aquítaménsefala trascende o IES Rafael Dieste

ÚLTIMAS

O Gran Camiño percorreu á Coruña e subiu á Torre de Hércules

Enorme despregadura de medios a realizada este martes 14 de abril sobre todo arredor...

Os Concellos da Coruña e Oleiros atacan a Xunta pola sua irresponsabilidade no transporte metropolitano

Convocaba unha reunión esta mañá dirección xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia e...

O loteiro que se apropiou dunha primitiva podía cobrala sen entregar o boleto

O presidente da Sociedade Estatal de Lotarías e Apostas do Estado (SELAE) en 2012,...

Os médicos galegos volven á folga para alcanzar un convenio propio

Despois do acordo chegado hai varias semanas na Atención Primaria tras varios meses de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here