InicioA CORUÑAXavi Mariñas, sobre Coruña Marítima: “Imos quedar cun porto dedicado só ao...

Xavi Mariñas, sobre Coruña Marítima: “Imos quedar cun porto dedicado só ao tráfico turístico como Dubrovnik”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Repasamos onte as críticas dos membros da Plataforma Defensa do Común ao proxecto de transformación da fachada marítima da cidade. Unhas críticas relacionadas coa “farsa” do proceso participativo, coa excesiva restrición do concurso e sobre a especulación cos terreos de San Diego para pagar a débeda da Autoridade Portuaria.

Quedaba falar do sector pesqueiro, o gran damnificado de todo este proceso de reformulación urbana, que verá como a súa superficie se reduce de xeito exponencial, ademais de ser trasladada á zona do peirao de San Diego máis pegada a Oza, onde están situados os vasos de crú que Repsol está trasladando ao porto exterior.

Xa Benedicto Álvarez definía que as bases estratéxicas parten dun “primeiro erro que xa arrastra ao resto: parten de que hai que transformar o porto, cando aquí temos un porto vivo, activo”. Tendo en conta ademais que “o porto exterior non pode acoller todo o tráfico, polas suas condicións técnicas marítimas, polo que imos seguir necesitando porto, para embarcacións de pesca, para contedores…”

Para debullar o sentir do sector do mar, quen mellor que Xavi Mariñas, veciño de Monte Alto, percebeiro e dende finais de 2022, patrón maior da Confraría da Coruña. Aos seus 43 anos, é o patrón maior máis novo de Galicia, e nesa tesitura recoñece a situación que crítica que vive un sector cun gran problema no relevo xeracional.
Mariñas non agochou o mal estado de saúde do sector na cidade en materia de infraestruturas, onde “a día de hoxe temos menos superficie que o porto de Celeiro, aínda que haia un volumen de descarga tres veces maior.

Nesta tesitura, considera que o proxecto Coruña Marítima vai ser unha “estocada mortal”. “A día de hoxe temos máis camions que barcos”, avisa. “A meirande parte da mercancía xa chega en camión. E é posible que a día de hoxe poidamos chegar a ter escaseza de peixe fresco nunha cidade coma esta”.

Os Cruceiros: “proba de tensión”

Mariñas entende que o acordo entre PP e PSOE para vender a zona de San Diego, e para cambiar o uso dos peiraos máis centros de uso pesqueiro por tráfico de trasatlánticos, cobra máis sentido ao pensarmos na “proba de tensión” que leva feito o Concello e a Autoridade Portuaria coa chegada de ata 5 cruceiros no mesmo día. “Están medindo canta carga pode asumir a cidade sen que haia demasiadas críticas”, sinala.

Sobre a transparencia do proceso, deixa claro cal é a situación da confraría para coa Autoridade Portuaria: “Hai unha total opacidade tanto para co sector pesqueiro como para a cidadanía. Non sabemos nada, só pinceladas pola prensa. E van tanteando que partes podemos tragar. De feito, nós enteiramonos do traslado da Lonxa a zona de Oza polos medios. Pero todo segue unha liña. Primeiro abandonamos os barcos da Mariña polos de vela. Agora as embarcacións para Oza. Imos quedar con só tráfico turístico como Dubrovnik”.

Máis novas

“A xoia da cidade, a fachada marítima, como vai depender dunha débeda entre administracións?”

Percebeiros sobre os bateeiros: “Alí por onde pasan, arrasan con todo, non volve nacer un percebe”

ÚLTIMAS

O IES Rafael Dieste segue facendo historia da normalización co II Festival #Aquítaménsefala

Seguen rompendo as normas da normalización. Agora son eles e elas, as alumnos e...

A familia de Samuel Luiz recorrerá a absolución dun dos catro condenados polo seu crime

A familia de Samuel Luiz recorrerá o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de...

Aspace alerta dun timo na zona de Monte Alto por parte dun home maior que pide doazóns en domicilios

A Asociación Aspace alertou dun timo na Coruña por parte dun home maior que pide doazóns...

Absolto o mozo condenado a dez anos de cadea como cómplice do asasinato de Samuel Luiz

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) absolveu ao novo condenado a dez...

1 COMENTARIO

  1. Ergosfera, Defensa do Común, AA.VV. varias que non representa nin a un 5% da veciñanza de candanseus barrios…sempre os mesmos dando a maldita matraca.

    Sempre as mesmas caras e os mesmos nomes co “NON” na boca a todo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here