InicioCULTURAO Festival do Pasatempo porá de manifesto o poder da música galega...

O Festival do Pasatempo porá de manifesto o poder da música galega contemporánea

Publicada o

Por editor

O Parque do Pasatempo de Betanzos afiánzase como espazo singular para acoller festivais. Así o comprobamos co Fumega Fest, que enchegará de metal o espazo o 4 de xullo, pero tamén o vivimos coa celebración dunha nova edición do Festival do Pasatempo.

Un festival que xorde como unha iniciativa para traer a artistas de primeiro nivel a un parque histórico, poñendo en valor a súa categoría de Ben de Interese Cultural. O espazo é un tesouro agochado da historia galega, construído no século XIX polos indianos da zona. A día de hoxe segue sendo un elemento impresionante en vías de restauración, polo que o evento, dende a liña gráfica creada por Rei Zentolo ata as actividades e comunicación do mesmo, tamén visibilizará os procesos de resignificación dun dos espazos máis históricos e culturais da contorna.

Imaxe do Festival do Pasatempo o ano pasado-Foto-ChristianPérez Andrés-2
Imaxe do Festival do Pasatempo o ano pasado-Foto-ChristianPérez Andrés

A Música galega contemporánea

Co galego ben presente, o cartel estará encabezado por artistas da talla de Tanxugueiras, Carlos Núñez, ZETAK, Caamaño&Ameixeiras e Antía Muíño, en dúas xornadas que terán lugar o venres 27 e o sábado 28 de xuño.

O evento presenta unha forte aposta polo talento galego e polas linguas oficiais do estado, con bandas punteiras en galego e euskera.

VENRES 27 DE XUÑO

Os grandes atractivos do venres 27 de xuño serán Tanxugueiras, Caamaño&Ameixeiras e ZETAK. Tanxugueiras é o grupo que está desafiando e cambiando o paradigma musical estatal. Aida, Sabela e Olaia, cun son totalmente diferente pero recoñecible, adaptan a música tradicional galega a estilos actuais para darlle una nova vida. Pola súa parte, desembarcará no Parque do Pasatempo unha das propostas máis exitosas da música en euskera, ZETAK. O navarro integra as tendencias musicais máis actuais ao seu propio universo, aderezándoo con referencias vascas, sonoridades que se relacionan coa súa terra e a súa propia lingua. Para completar o primeiro dia de festival actuará Caamaño&Ameixeiras, un dos maiores expoñentes a nivel internacional da nova música tradicional galega. Resignificando a música e o baile de raíz cos sons máis contemporáneos, o dúo está expandindo o seu talento alén das fronteiras galegas.

SÁBADO 28 DE XUÑO

O sábado 28 de xuño destacan os nomes de Carlos Núñez e Antía Muíño. Carlos Núñez é un dos maiores referentes internacionais históricos da música galega. A súa incursión no universo da folktrónica, xunto a produtores e creadoras que están a redefinir os sons da tradición, é outro exemplo da súa visión aberta e innovadora. Por outro lado, e completando esta segunda xornada, actuará Antía Muíño, que se converteu nunha das revelacións da nova canción galega. A súa proposta é unha viaxe entre o jazz-pop, a canción alternativa de autora e a música tradicional, perfectamente guiada pola maxia da súa voz.

Entradas

As entradas sairán á venda o xoves 29 cun prezo promocional de 37€ o abono de dous días (gastos de xestión incluídos) e 24€ a entrada de día (gastos de xestión incluídos) só para os primeiros compradores, que as poderán adquirir en Enterticket e na propia web do festival, www.festivaldopasatempo.gal. As persoas menores de 12 anos terán tamén dispoñibles abonos de dous días por 12€ (gastos de xestión incluídos).

O Festival do Pasatempo de Betanzos é un festival promovido dende hai dous anos pola promotora PlayPlan, artífice de festivais como o SonRías Baixas, BIGSOUND Pontevedra, Fumega Fest ou das carreiras artísticas de Tanxugueiras, Caamaño&Ameixeiras, Hugo Guezeta, Sabela ou Vimbio entre moitos outros. Ademais, conta co patrocinio da Axencia  Turismo de Galicia, Xunta de Galicia e Xacobeo, e coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos, así como co patrocinio de El Águila.

 

Outras novas

O Fumega Fest desvela o cartel por días para a cita do Pasatempo

ÚLTIMAS

O Gran Camiño percorreu á Coruña e subiu á Torre de Hércules

Enorme despregadura de medios a realizada este martes 14 de abril sobre todo arredor...

Os Concellos da Coruña e Oleiros atacan a Xunta pola sua irresponsabilidade no transporte metropolitano

Convocaba unha reunión esta mañá dirección xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia e...

O loteiro que se apropiou dunha primitiva podía cobrala sen entregar o boleto

O presidente da Sociedade Estatal de Lotarías e Apostas do Estado (SELAE) en 2012,...

Os médicos galegos volven á folga para alcanzar un convenio propio

Despois do acordo chegado hai varias semanas na Atención Primaria tras varios meses de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here