InicioSOCIEDADEO persoal de Correos manifestou na Delegación do Goberno o seu malestar...

O persoal de Correos manifestou na Delegación do Goberno o seu malestar pola intención de reducir o persoal

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Hoxe mércores 28 de maio, os traballadores da S.E. Correos e Telégrafos S.A secundaron a xornada de folga convocada pola CGT. Unha folga que superou o 50% de seguemento nalgunhas unidades da Coruña e Santiago, e que tamén viviu importantes concentracións.

Na Coruña o persoal de Correos manifestouse diante da Delegación do goberno, na Praza de Ourense, denunciando a falta de negociación da renovación do convenio colectivo.

Folga Correos Coruna 2

Os traballadores critican as proposta de medidas realizada pola Directiva de Correos encabezada polo presidente Pedro Saura e o Director de Recursos Humanos Fernando Ramírez, que “suporía un gravísimo revés para a prestación do servizo postal público”, segundo a CGT. Un dos principais obxectivos do documento, é reducir a masa salarial a un 70% en dous anos (actualmente oscila nun 90%) o que levaría unha redución do persoal de entre 8000 e 10000 postos de traballo segundo cálculos do sindicato. Unha cifra que continúa o proceso de redución que leva vivindo a empresa pública, que en 2008 tiña 66.000 traballadores e actualmente rolda os 46.000.

Isto suporía unha maior carga de traballo para o persoal restante con zonas de repartición máis amplas e imposibles de repartir diariamente e unha estocada de morte á adecuada prestación do servizo postal público nas condicións que recolle a lei postal.

A realidade é que despois das mobilizacións de febreiro, as negociacións non avanzan.

Os traballador@s de Correos protagonizan unha “folga histórica”

ÚLTIMAS

O goberno local delega no concelleiro Gonzalo Castro a presidencia da Fundación Luís Seoane

Segue o goberno local menosprezando a Fundación Luís Seoane, no marco dos complicados temos...

Morre un home na Coruña que ameazou uns policías que acudiron alertados polos veciños

O falecemento dun home na Coruña no marco dunha actuación policial supuxo a apertura...

Novos pasos da Rolda peonil da Sagrada Familia e do parque infantil cuberto do Ventorrillo

Dous importantes investimentos deron un paso adiante para os barrios da Sagrada Familia e...

Última recta para a necesaria licitación do novo convenio da Planta de Nostián

Coa concesión caducada dende 2019, a Planta de Nostián segue operando agravando unha  problemática...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here