InicioCULTURACUACFM entre os gañadores dos Premios Martín Códax da Música Galega 2025

CUACFM entre os gañadores dos Premios Martín Códax da Música Galega 2025

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Celebrouse onte no Pazo da Cultura de Pontevedra, a esperada Gala da XII edición dos Premios Martín Códax da Música, o que serían “os Grammys da música galega contemporánea”. Tras coñecer aos finalistas, a gala organizada por Músicas Ao Vivo, co apoio de Bodegas Martín Códax, Concello de Pontevedra, AGADIC Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra, descubría cales son os 19 proxectos recoñecidos este curso.

A regueifeira de Bergantiños Lupe Blanco e Xisco Feijoo dirixiron unha emotiva Gala, que foi un punto de encontro de toda a música do país.
Este ano, decidiron os premiados o voto do público nun 50% , e o outro 50% responsabilidade do xurado formado por socios de Músicas ao Vivo.

E houbo presenza herculina, xa que CUAC FM foi escollida na categoría de Mellor proxecto de Comunicación e difusión musical. Competían nesta edición un total de trinta e dous proxectos, e a radio cormunitaria coruñesa chegaban á final xunto a canle de Youtube “Dando a lata” do xornalista Rodri Míguez e “Recollendo músicas”, de Saúl Rivas e Borja Casal. 

Era a segunda ocasión na que CUAC era finalista e nesta ocasión radio desprazou unha delegación de seis persoas, ainda que en total no evento estaban dez, xa que varios forman parte de proxectos musicais que tamén estaban nominados.

Dende 1996 máis de cen programas da emisora adicaron ou adican os seus contidos principalmente á música. Ademáis, continúa a organizar anualmente un Concurso de Bandas e solistas polo que xa teñen pasado máis de tres mil proxectos. Na edición de 2025 son 125 as candidaturas recibidas.

Durante os agradecementos, CUAC FM lembrou que defende o dereito a comunicar, recollido tanto na Declaración Universal dos Dereitos Humanos como na Constitución Española, e que ainda seguen á espera, todos os medios comuniarios das licenzas que lles corresponde por Lei dende 2010. Tamén falaron da música como peza fundamental de toda emisora de radio, agradecendo ás creadoras e interpretes de cancións todo o que teñen aportado a CUAC FM na súa xa longa historia.

Os premiados

Premiados nos Premios Martin Codax da Musica 2025

Máis novas

Tres galardóns herculinos nos Premios Martín Códax da Música

CUAC FM renova a súa directiva e prepara CUAC TV para celebrar o seu 29 aniversario

Pepe Cunha, 25 anos á fronte do mellor programa de música galega contemporánea, “Ábrete de Orellas”

 

 

ÚLTIMAS

Falece unha muller tras ser arroiada por un tren na Coruña

Unha muller perdeu a vida no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), onde foi...

A Audiencia da Coruña xulga un condutor por dous homicidios imprudentes

A Audiencia Provincial da Coruña xulgará o vindeiro mércores e xoves a un home...

O Dépor xa vai sendo “da” Coruña

Nova vitora da iniciativa “Aquí tamén se fala”. A mocidade do IES Rafael Dieste...

As crianzas dos Rosais e Monte Alto rematan o curso cun agasallo moi especial feito por persoas privadas de liberdade

Especial fin de curso para a rapazada dos CEIP Emilia Pardo Bazán e CEIP...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here