InicioA CORUÑA"Contrariamente ao declarado polo goberno local, os Convenios do 2004 seguen vixentes...

“Contrariamente ao declarado polo goberno local, os Convenios do 2004 seguen vixentes nas Bases Estratéxicas de Coruña Marítima”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Unah vez analizadas as recén publicadas as Bases Estratéxicas do proxecto Coruña Marítima, a Plataforma Defensa do Común volve denunciar que a especulación urbanística vai ser protagonista da meirande transformación urbana do século.

A entidade denuncia que os “plegos recoñecen o escenario da privatización”, e que “contrariamente ao declarado polo goberno local, os Convenios do 2004 seguen vixentes”. Apunta que “os cambios introducidos sobre as Bases iniciais, incorporando algunhas das alegacións presentadas, non alteran o escenario privatizador do que se propón para o concurso”.

Os pregos relatan que unicamente queda garantida a titularidade pública (mediante fórmula concesional) dos peiraos de Batería-Calvo Sotelo, pero deixan aberta a posibilidade para “a privatización (previa desafectación) de parte do actual dominio público portuario (peirao de San Diego), a degradación e subsidiariedade do uso portuario, a introdución de usos residenciais e terciarios como fonte de obtención de plusvalías, o condicionante do pago da débeda como referente para o conxunto da operación (coa correlativa non esixencia de condonación da débeda)”, como xa viñan denunciando as entidades sociais implicadas no proxecto.

Para as entidades, “a débeda da Autoridade Portuaria e o pago da débeda é un eixo transversal e condicionante a cumprir, a pesar do cal non é obxecto de análise, nen no documento de Bases nen tampouco unha esixencia a incluír nos proxectos a presentar ao concurso”.

Critican tamén a redución da superficie para uso portuario, como lamentaba o propio patrón maior.

Advirten ademais “a indeterminación sobre a composición do comité de expertos que debe avalir os proxectos presentados”.

 

Máis novas

Xavi Mariñas, sobre Coruña Marítima: “Imos quedar cun porto dedicado só ao tráfico turístico como Dubrovnik”

“A xoia da cidade, a fachada marítima, como vai depender dunha débeda entre administracións?”

Os requisitos do polémico proceso de licitación do Máster Plan Coruña Marítima que alonxa aos profesionais locais

O “evento cidadán” da Comisión Coruña Marítima búrlase do significado de participación cidadá

 

 

ÚLTIMAS

A preocupante situación do SAF da Coruña

Saían de novo onte á rúa as traballadoras de residencias privadas, pero desta volta...

Participación “masiva”, segundo sindicatos, nos paros do persoal de cociña do Hospital Quirón da Coruña

Os traballadores da cociña do Hospital Quirón da Coruña participaron de forma "masiva" nos...

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

Anunciou onte o Concello da Coruña unha nova mellora no servizo municipal BiciCoruña. Ás...

Seleccionado un proxecto sobre o cancro da investigadora da UDC Elena Pazos polo CICA

A investigadora Elena Pazos Chantrero, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da...

1 COMENTARIO

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here