InicioA CORUÑAEste xoves irá a xuízo o acusado de proferir insultos racistas nun...

Este xoves irá a xuízo o acusado de proferir insultos racistas nun centro de Oleiros

Publicada o

Por europapress

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o día 12 o xuízo contra un home por vexar e denigrar a certos usuarios das instalacións deportivas de Dorneda, no municipio coruñés de Oleiros, por razón da cor da súa pel. Tras un erro en relación aos sinalamentos deste martes e os escritos de cualificación, finalmente será o xoves cando terá lugar a vista na que está prevista que se chegue a un acordo de conformidade entre as partes.

Segundo recolle o escrito de cualificación fiscal, o acusado proferiu cara a outra persoa, en xuño de 2022 e en reiteradas ocasións diante dos demais usuarios e monitores do centro, así como de menores de idade, expresións como “negro de merda, volve en patera, vaiche a África” tendo que intervir o monitor da sala. Días despois, o procesado atopouse con esta persoa e pediulle desculpas, pero ao contestarlle este con un “ok”, volveu reiterarlle os mesmos insultos e expresións, tendo que intervir o monitor. O mesmo fixo nos vestiarios con outro home, que se atopaba cos seus fillos de pouca idade. Isto motivou que fose expulsado do centro.

A Fiscalía cualifica os feitos como constitutivos de dous delitos cometidos con ocasión do exercicio dos dereitos fundamentais e liberdades públicas en concurso con dous delitos contra a integridade moral. Por iso, pide unha pena de 20 meses de prisión.

ÚLTIMAS

O profesorado conmemora unha marcha fúnebre polo ensino público na súa primeira xornada de folga

Con menos incidencia da que debería entre as familias (si que conta co apoio...

(Vídeo) Retiran unha balea de 30 toneladas que apareceu morta na costa da Coruña

Efectivos participaron este martes nun operativo para a retirada do mar dunha balea de...

O IMCE convoca unha reunión cos usuarios do programa de lecer do Fórum e do Ágora ante a suspensión da viaxe de fin de...

Co hipotética suspensión das viaxes de fin de curso, a dirección do IMCE vén...

Falece unha muller na Coruña ao saírse o seu coche da vía en Alfonso Molina

Unha muller, de 49 anos e natural da Coruña, faleceu na Coruña nun accidente...