InicioA CORUÑADetido un mozo por agredir a persoal sanitario dun centro de saúde...

Detido un mozo por agredir a persoal sanitario dun centro de saúde da Coruña

Publicada o

Por europapress

Un mozo foi detido na Coruña por agresión a persoal sanitario dun centro de saúde de San Xosé, na cidade herculina, segundo informaron fontes da Policía Nacional.

Os feitos producíronse sobre a unha da tarde e a detención produciuse no exterior do centro médico, sendo trasladado a dependencias policiais.

Desde a área sanitaria da Coruña e Cee, incidiron en que se están tomando as medidas xudiciais oportunas e indicaron que se aplicaron os protocolos para ese efecto. Tamén condenaron “calquera tipo de violencia”.

Por outra banda, na tarde do venres un mozo agrediu a un médico de Urxencias do Hospital Virxe da Xunqueira, en Cee, ao que insultou de forma reiterada e proferiu comentarios racistas.

”Que pasa cos protocolos?”

Dende a Comisión do Centro do Hospital Virxe da Xunqueira, sinalan que “os procedementos que se actualizaron en maio, son absolutamente insuficientes, e de feito, a nivel traballadores, non vemos que cambiase nada de nada. Si que puxeron un botón do ordenador por se pasa algo, que manda un aviso a Coruña, e salta nos ordeñadores do Hospital para que os compañeiros que poidan axudar. Pero primeiro tes que chegar ao botón, que non sempre estás na mesa do ordenador, e segundo que seguimos sendo os compañeiros os que temos que acodir a socorrer”, critica.

De feito, os sanitari@s preparan xa novas mobilizacións como as vividas nestes primeiros meses de ano.

Máis de 2.000 sanitarios da Coruña-Cee esixen un protocolo de seguridade “específico” ante agresións a persoal

ÚLTIMAS

Os educadores do Programa Lecer consideran unha “falta de respecto” a falta da empresa e do Concello na primeira conciliación

Novo fito do conflito do Programa de Lecer. Mentres pasan as semanas e os...

O BNG abre a porta a unha moción de censura en Cambre contra o goberno do PP

O portavoz do grupo municipal do BNG no Concello de Cambre, Dani Carballada, asegurou...

A Xunta licita por 51,5 millóns 264 vivendas públicas en Xuxán e reclama ao Estado “axilidade” co Plan de Vivenda

A Xunta de Galicia vén de licitar por 51,5 millóns de euros a redacción...

Un sábado diferente no Centro Oceanográfico da Coruña

Cita esta fin de semana arredor do Centro Oceanográfico A Coruña. O espazo, situado...