InicioCULTURAAlberto Pombo e Manolo Rivas recolleron en Boborás os Premio Antón Losada...

Alberto Pombo e Manolo Rivas recolleron en Boborás os Premio Antón Losada Diéguez

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Día emocionante o vivido o sábado en Borobás. Tiña lugar a entrega dos premios da XL edición do Premio Antón Losada Diéguez, convocado polos concellos de Boborás e O Carballiño, co patrocinio da Deputación de Ourense. E as pequenas pezas escultóricas, e os 6.000€ de premio, recaeron en dous herculinos: Alberto Pombo e Manuel Rivas. Os seus traballos foron escollidos como os mellores de 2024 polo xurado, constituído por membros dos Concellos, pero tamén da RAG, das tres Universidades galegas e da Deputación ourensá.

Especial foi o finde do mestre Alberto Pombo. Tralo éxito (e o choio) do Festival Aquí tamén se fala celebrado na tarde-noite do venres, madrugaba o sábado para achegarse a Borobás, para recoller o premio  modalidade de Investigación e Ensaio pola súa obra Verso e acorde. Relacións entre literatura galega e música pop (1950-2000), publicada por Edicións Xerais e que parte dunha documentada tese de doutoramento que trae á luz a relación entre a música popular (pop, rock, punk, heavy metal, bravú, música infantil) e a literatura galega.

O xurado sinalou a contribución ao coñecemento da «outra música» e destacou o tratamento da abordaxe histórica coa nova metodoloxía dos estudos culturais argumentando que: «Desprega ante o público lector a obra dunha xeración que soubo arrequecer o panorama musical do século XX desde o compromiso coa cultura de noso».

O de Arteixo, afónico polo festival pangalaico, contou como anécdota que de pequeno non era un gran lector, pero en 3º ESO, Sechu Sende e Henrique Rabuñal chegaron a clase cun libro de Manlo Rivas e “os meus pais puideron celebrar esa vitoria de que o seu fillo por fin quería ler”. Pombo viaxou ao Mozambique dos anos 50 para viaxar ás orixes da música pop galega, e recordou o analfabetismo da súa propia avoa, para agradecer os esforzos da súa familia.

Manolo Rivas

No caso de Manolo Rivas, flamante premio nacional de literatura, e recentemente recoñecido como Coruñés do Ano polo Circo de Artesáns, o xurado distinguiu a súa última novela, Tras do Ceo, de Edicións Xerais, como gañadora da modalidade de Creación Literaria, destacando a calidade literaria e lingüística dunha obra que, recuperando elementos xa clásicos na produción do autor, constrúe un universo narrativo absolutamente actual e pon o foco no choque entre a natureza e unha civilización que se revela como destrutora do hábitat que nos fai seres humanos.

Recoñeceron que o escritor «manexa con suma habelencia unha progresiva tensión narrativa» a partir de escenas marcadas pola desigualdade, a explotación, a violencia e a destrución, co obxectivo de provocar a reflexión no lector e de penetrar nas emocións e sentimentos máis profundos, aqueles que resultan difíciles de expresar con palabras.

 

Máis novas

Alberto Pombo e Manuel Rivas comparten o Premio Losada Diéguez

Alberto Pombo teceu pontes na Barbería entre a música pop e a literaruta galega

ÚLTIMAS

Naturgy moderniza o parque eólico Novo con tecnoloxía de última xeración

Naturgy iniciou a transformación tecnolóxica do parque eólico Novo, situado nos municipios coruñeses de...

Últimos días para visitar as exposicións de Viñetas desde o Atlántico

Foron máis de 120.000 persoas as que participaron na feira, tanto ás distintas exposicións,...

Sumar leva ao Congreso “a privatización” das Xubias

Non parece que estea de todo pechado o convenio urbanístico das Xubias, a pesar...

Morre un neno de dous anos nun accidente doméstico nun domicilio da Coruña

Un neno, duns dous anos de idade, faleceu nun accidente rexistrado na noite do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here