InicioSUCESOSPrisión provisional para o detido acusado de matar a súa parella na...

Prisión provisional para o detido acusado de matar a súa parella na Coruña

Publicada o

Por europapress

O xulgado decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o home detido o domingo, día 15, pola morte da súa parella na Coruña, tras pasar este martes a disposición xudicial.

O asasinato da muller produciuse na rúa San Isidoro, na Sagrada Familia. A vítima recibiu, segundo informou o luns a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, decenas de puñaladas con “bastante enseñamiento”.

O home foi o que confesou ao seu exmujer — coa que ten dous fillos en común — “que acababa de matar á súa parella actual” e foi ela quen avisou a Emerxencias. Tras personarse a Policía Nacional no domicilio no que convivían, procedeuse á detención do presunto agresor e localizouse o coitelo.

A falecida estaba incorporada no sistema VioGén con motivo dunha agresión física rexistrada en setembro de 2024. Nese momento, explicou a subdelegada do Goberno, aplicouse o Protocolo Cero, activado para actuar de oficio “cando as vítimas non se deciden a denunciar nun contexto de espiral de violencia de xénero”.

Esta agresión derivou en procedemento xudicial que o pasado 27 de maio concluíu cunha sentenza “condenatoria” para o home que incluía unha “pena de afastamento en fase de execución”, sostivo a subdelegada.

Agora decrétase o seu ingreso en prisión por asasinato, ademais de quebrantamento, informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que explica sobre a orde de afastamento que a sentenza lle foi notificada “polo que sabía da prohibición e, por tanto, a xuíza entende que existe delito de quebrantamento”.

O detido, de 61 anos, orixe peruana e nacionalidade española e a vítima — de 49 anos e peruana — contraeron matrimonio no mes de maio.

ÚLTIMAS

Aquelarre de Trump e Netanyahu no San Xoán de Oleiros polo xenocidio en Gaza

O Concello de Oleiros anunciou que prepara unha falla para a noite de San...

A Coruña celebra a diversidade con Orgullo

Foi presentada esta mañá de venres a campaña municipal do Orgullo 2026, que se...

O luns comezan novos cortes polas obras en Alfonso Molina

Avanzan as obras estatais de renovación da Avenida Alfonso Molina na cidade da Coruña,...

Binter suma unha conexión semanal entre A Coruña e Canarias

A compañía aérea Binter puxo en marcha o reforzo da súa programación entre A...