InicioSOCIEDADEA Xunta e o Concello acordan a protección definitiva da Torre de...

A Xunta e o Concello acordan a protección definitiva da Torre de Hércules como espazo natural

Publicada o

Por europapress

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores a orde pola que se declara definitivamente como espazo natural de interese local a Torre de Hércules, así como a aprobación do plan de conservación, con entrada en vigor agora aos 20 días naturais desde a súa publicación.

Faino despois de que o Consello da Xunta dese luz verde á declaración definitiva do citado espazo natural e o seu correspondente plan de consevación que durante o próximos seis anos establecerá as medidas que se van a adoptar. Será co obxectivo de preservar e protexer os seus principais valores naturais, culturais e ambientais.

A contorna da Torre de Hércules foi declarado espazo natural de interese local de maneira provisional a comezos do ano 2020 e a súa declaración definitiva quedou condicionada á presentación por parte do Concello do plan de conservación, cuxo decreto de aprobación recibiu recentemente o visto e prace da Xunta.

Desta maneira, o goberno local asume o compromiso de garantir a conservacion das especies e hábitats que alberga este espazo e o seu uso público sustentable cunha serie de actuacións ás que se destinarán 379.000 euros no período de vixencia do plan.

ÚLTIMAS

Aberto o prazo para solicitar unha das 350 Hortas urbanas municipais

Xa está aberto dende este luns 19 de xaneiro, o prazo para solicitar as...

Un trailer queda atrancado no medio das Xubias

Un camión de grandes dimensións provocou danos en varias casas tras quedar atrapado no...

Un hospitalizado e varios vehículos afectados tras un incendio nun garaxe en Pérez Cepeda

Un incendio nun garaxe situado na Praza Médico Anxo Ron Fraga, na cidade da...

O TSXG confirma a sanción de case 200.000 euros a Prezero pola crise do lixo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...