O Concello da Coruña anunciou que a entidade Alas Coruña (Asociación pola Liberdade Afectivo-Sexual) será distinguida co Premio Tomás Fábregas 2025. O mesmo, informa, recoñece a persoas, entidades ou institucións destacadas na defensa dos dereitos das persoas LGTBI. A entrega do galardón terá lugar o 16 de xullo no salón de plenos do consistorio.
Será nun acto coincidindo co 15 aniversario da fundación da entidade. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, destacou que a entidade representa o “espírito” do premio. “Pola súa capacidade para mobilizar á sociedade e sensibilizar sobre a diversidade“, indica o consistorio que destaca o seu “papel determinante” como acusación popular no xuízo polo asasinato de Samuel Luiz.