InicioSOCIEDADEO conselleiro de Sanidade cre que a UDC debe "frear" o trámite...

O conselleiro de Sanidade cre que a UDC debe “frear” o trámite para implantar Medicina

Publicada o

Por europapress

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, cre que a Universidade da Coruña (UDC) debe “frear” os trámites para implantar o Grao de Medicina mentres dure a comisión de descentralización da titulación que xa imparte Universidade de Santiago de Compostela (USC). Así se pronunciou a preguntas dos medios este xoves na cidade herculina, cuxa universidade acordou o mércores en consello de goberno iniciar o expediente para contar con esta carreira de cara ao curso 2027/28.

O reitor, Ricardo Cao, defende que é compatible avanzar por este camiño mentres se dialoga coa Xunta e o resto de universidades públicas para que o grao na USC teña cada vez máis docencia clínica fóra da capital galega. Con todo, o titular de Sanidade non concorda con esta postura: “Eu creo que, se estás a querer solucionar un problema dentro dunha comisión, o que hai que facer é frear, parar, traballar e despois decidir”. Antonio Gómez Caamaño insistiu en que a Xunta mantén a súa aposta pola “descentralización” do grao pola USC e por manter a “facultade única” de Santiago, que de feito é a máis grande de España con máis de 400 alumnos de novo ingreso cada ano.

Neste contexto, o conselleiro criticou a “decisión unilateral” que adoptou a Universidade da Coruña. “Cada un é responsable do que fai. A nosa ruta é exactamente a mesma: seguir traballando nesa comisión, buscando a descentralización o máis cedo posible”, insistiu. E é que, con respecto a que cada un fala “desde a súa perspectiva”, Gómez Caamaño lembrou que nese grupo de traballo “están representadas todas as partes implicadas” e que poden achegar “suxestións”.

O PPDEG LAMENTA A “CONFRONTACIÓN”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, lamentou a “confrontación” do reitor da UDC polo grao de Medicina e instouna a “resolver os problemas económicos” da institución. A preguntas dos medios, afeou a deriva ” de disenso” da universidade coruñesa e apelou ao “consenso”, para o que se creou “un grupo de traballo”. Neste punto, lembrou que a UDC “ten un déficit de 13 millóns de euros”, polo que instou á institución a, “en lugar de buscar puntos de confrontación” e de “abrir frontes innecesarias”, empezar a “mirar cara a dentro e tente resolver os seus problemas económicos”. Así, pediu que deixe esas cuestións para “o grupo de traballo creado a tal fin” coa intención de “manter unha única Facultade de Medicina en Galicia” e a parte que se falou de clínica para “acordar nese grupo”. “Lamento a confrontación que quere pór enriba da mesa o reitor da UDC, que parece máis un activista político que un reitor da universidade”, censurou Prado.

ÚLTIMAS

As familias saíron á rúa para denuncian o abandono estrutural do ensino público e o ridículo dos nosos responsables políticos

Fartáronse as familias do abandono extremo da escola pública, e do ridículo espantoso que...

Arrinca hoxe a folga de médicos despoide que a Xunta rompese un principio de acordo

Máis de 3.000 médicos están chamados ao paro indefinido a partir de hoxe luns...

Dous alumnos coruñeses volven con Medallas da Spaniskills de FP

Con 7 medallas volveu a delegación galega no Campionato de España de FP Spaniskills....

A CIG estuda impugnar o acordo entre UXT e a patronal sobre o transporte de viaxeiros por estrada na Coruña

A CIG estuda impugnar o acordo entre UXT e a patronal sobre o convenio...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here